Acusan a Xunta de “conivencia” coa propietaria da mina da Casalonga en Teo

0

Teo, 21 de maio do 2021 – O Partido Socialista acusa a Xunta de Galicia de conivencia coa propietaria da canteira da Casalonga en Teo para converter o espazo nun vertedoiro.

A Deputada Noa Díaz visitou o lugar para reunirse coa Plataforma Casalonga Limpa de Residuos. Díaz presentou aos representantes veciñais as iniciativas que levará ao Parlamento destinadas á recuperación medio ambiental da Canteira.

A responsable socialista denunciou o “vertido incontrolado de residuos” e “desleixo” do goberno galego fronte ao déficit absoluto de seguridade na zona. Noa Díaz acusou ao goberno galego de “poñérllelo todo fácil á empresa”, que logo de 25 anos sen actividade extractiva, e cando “tiñan que producir a caducidade da actividade mineira”, o que fixeron foi decretar a súa suspensión cautelar porque “parece molestarlles que de vez en cando haxa veciños da Plataforma na zona”.

A Deputada pediulle ao goberno galego que faga unha nova Declaración de Impacto Ambiental –DIA- da explotación, logo de que a Xunta dixera no seu día que tiña que presentar un informe detallado da fauna e flora, pero que “quedou en nada”. Denuncia así que a Consellería de Medio Ambiente permita que o Plan de Restauración presentado pola empresa saia adiante baseado nunha DIA de 2001.

Lembrou que os informes reflicten a situación da zona hai 20 anos, e considera “cando menos curioso que a Xunta non teña en conta o cambio absoluto da contorna”, obviando que neste período a lo menos foron creadas dúas lagoas naturalizadas con ecosistemas completos asentados que non existían cando foi redactado o plan de restauración de 1998.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial