Compostela, 10 de maio do 2022 – A Asociación de Usuarios de Cajas, Bancos y Seguros, ADICAE, organiza en Compostela unha charla informativa sobre cryptomonedas.
Na sesión intervirá un dos letrados de ADICAE que explicará os dereitos dos consumidores en este tema e os riscos que pode ter. A cita será na avenida de Vilagarcía nº 2 á seis e media da tarde de este mércores día 11. As inscricións poden facerse aqui.
As criptomonedas están cada vez máis presentes no noso día a día, pero a información que os consumidores reciben respecto diso non é necesariamente nin máis nin mellor.
Actualmente, catro millóns de españois invisten nalgún tipo de criptoactivo, algo menos do dez por cento da poboación; con todo, a educación financeira na materia é escasa e está nubrada por datos contraditorios.
Aínda que os consumidores ven constantemente anuncios, famosos e contas en redes sociais que presentan os criptoactivos como un investimento rendible e sinxelo, non cabe dúbida de que se trata de información nesgada. Un exemplo moi claro dánolo o seguinte dato: case un setenta por cento das persoas que investiron en cryptomonedas pensaban que o facían nun produto supervisado pola CNMV, pero este órgano supervisor a lanzado máis dun aviso lembrando que un dos principais riscos nestes investimentos é, precisamente, que non están supervisadas nin reguladas por ningunha autoridade central, nin estatal nin europea nin a nivel mundial.
A regulación sobre criptoactivos vaise perfilando en medidas como a regulación da súa publicidade, marcada pola Circular 1/2022 do 10 de xaneiro, da CNMV. As Comisión Europea presentou en 2020 unha proposta lexislativa sobre criptoactivos e as autoridades anunciaron a súa intención de regular a materia, pero un gran número de consumidores segue sen saber exactamente en que consisten, expoñéndose con iso a estafas, publicidade enganosa e aos riscos que conlevan para os pequenos investidores.