Adolfo Caamaño gaña o Modesto R. Figueiredo de narración curta

0

Silleda, 9 de marzo do 2021 –  O premio de narración curta Modesto Rodriguez Figueiredo, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro, fallouse no Concello de Silleda, que colabora nesta 46 edición do certame.

O escritor e historiador pontevedrés Adolfo Caamaño Vázquez (Barro, 1959) alzouse co galardón polo relato “Derradeiras paisaxes do Conde” según o xurado  “polo seu plantexamento orixinal e por abordar un relato histórico xa coñecido dende unha perspectiva inédita”.

O xurado, que estivo formado por Xosé Ramón Fandiño Veiga, presidente do Pedrón de Ouro; Estíbaliz Espinosa, escritora e gañadora da anterior edición de 2019; a escritora silledense Ana Cabaleiro, en representación do Concello de Silleda; Agustín Agra, escritor en representación da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega; Rubén Eiré, escritor en representación do Plen Clube de Escritores e Escritoras de Galicia, e por David Otero, secretario do xurado e da  fundación, tamén destacou a boa documentación deste relato que supón “unha metáfora da decadencia”.

Nesta edición de 2020, que veu retrasando a data do fallo prevista por mor da situación sanitaria, tamén se outorgaron dos accésits : para Esteban Brea Castro, (Cambre, 1990), polo relato “Progresión en escala menor”, que aborda unha temática complicada de xeito elegante, cun plantexamento anovador e frescura na narración; e para o profesor e escritor Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962), polo relato “Áncora”, do que o xurado destacou o ritmo intenso e áxil desta historia de temática marítima, con frescura e argumentalmente ben resolta.

O xurado reuniuse no Salón de Plenos do Concello de Silleda, municipio que colabora nesta edición de 2020, e no que se entregarán, previsiblemente no mes de maio, os galardóns desta 46 edición do certame, ao que concorreron un total de 75 traballos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial