Ados pide a participación cidadá polo descenso das reservas de sangue

0

Compostela, 24 de marzo do 201 – A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento polo descenso das reservas de sangue.

ADOS pide moi especialmente a colaboración das persoas con grupos A Positivo, Cero Positivo, A Negativo e B Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón.

Desde ADOS lémbrase que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

A Axencia convida aos cidadáns a amosar o seu carácter xeneroso e solidario debido a que o aumento na demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de datas festivas nestas semanas ten repercutido nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos por mor do incremento da actividade asistencial hospitalaria e dos transplantes de órganos.

Facilitar a participación

ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles. Na contorna de Santiago estarán nos seguintes lugares e días:

Xoves 25 de marzo – F. Relacións Laborais e F. Ccas. Políticas e IES Fontiñas (Santiago),

Venres 26 de marzo – Rianxo, Portosín (Porto do Son), Padrón

Sábado 27 de marzo – Padrón, Rianxo

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

Complexo Hospitalario Universitario De Santiago

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial