Agasallos directos no Nadal de Santiago Centro

0

Compostela, 4 de decembro do 2020 – O comercio do ensanche asociado a Santiago Centro repartirá este Nadal máis de 1500 agasallos a través de boletos con premio directo.

Case un cento de comercios do Ensanche compostelán participarán na campaña de  Santiago Centro, Área Comercial. Ata o próximo 5 de xaneiro, os establecementos adheridos distribúen máis de 1.200 premios, achegados polos propios negocios e pola Fundación Santiago Centro, nun esforzo para promover a fidelización dos clientes en datas especialmente importantes para o sector.

Os agasallos que se poden atopar nos boletos van desde descontos directos de ata o 50% a produtos de primeira calidade como gafas das máis coñecidas marcas; tablets e lápices de memoria USB; mochilas; zapatos; pequenos electrodomésticos; prendas de moda; cursos personalizados de inglés; complementos; artigos deportivos; reloxos; bonos de desparasitación para mascotas; cestas de Nadal; e vales de compra de 20€ para gastar nos establecementos asociados a Santiago Centro.

O funcionamento da campaña de Santiago Centro é moi sinxelo: os establecementos entregan aos clientes un boleto que, ao abrirse, indica se está premiado e onde se pode conseguir o agasallo, sen sorteos e de forma inmediata.

Santiago Centro conta nesta iniciativa co apoio do Concello de Santiago, da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. Trátase de apoiar ás empresas no desenvolvemento da súa actividade nunha época clave do ano como é o Nadal, reforzando a zona moderna de Compostela como área principal de compras da cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial