Albergue Restaurante O Rueiro

0

Os Camiños que conducen, ou parten, de Compostela están cheos de segredos. Esta mesma semana falabamos con Manolo Hernández que leva 95 rutas feitas e sempre descubre cousas novas. O Rueiro é un de eses sitios coñecidos por moitos afortunados e descoñecido por outros tantos.

No Camiño de Fisterra Muxía, cerca de Negreira e non moi afastado de locais moito máis mediáticos, situase O Rueiro. Un albergue, pronto unha pensión, e un restaurante que traballa só por reservas. Esta última particularidade permítelle sempre ofrecer o produto máis fresco e de máis calidade.

Na cociña atopamos a Jesús Puñal. O chef estudou en Lamas de Abade, o que sempre é unha garantía, pero ademais exerceu moitos anos en locais de Compostela de recoñecido prestixio. Cóntanos de onde nace O Rueiro

No Rueiro atoparemos cociña tradicional. Jesús Puñal entende que é bo que a cociña progrese pero eses avances non se poden dar se non se coñece o básico. Para el a cociña tradicional e a mellor homenaxe ao produto que temos

O xeito de traballar, só con reservas, non foi algo premeditado se non que comezou pouco a pouco con clientes que coñecía a cociña de Jesús da súa época en Santiago. O boca a boca funcionou e as fins de semana está habitualmente cheo. O que resulta todo un mérito é tamén unha responsabilidade xa que o que se acer faino para comer, non é un cliente de paso

Tes esta e outras conversas completas no noso podcast. Faite mecenas e apoianos para publicar máis contidos como este.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros

O último ano non foi doado para ninguén. O Rueiro non foi unha excepción e de feito abriu fai pouco despois dun ano pechado. Con todo Jesús pensa que a hostalería e dos negocios con maior capacidade de recuperación e, en todo caso, o problema non é o negocio se non a cantidade de xente que perdeu a alguén

Comezabamos falando dos segredos do Camiño e nas paredes do Rueiro un atopará fotografías de media ducia de pontes da contorna. É unha homenaxe ao patrimonio que Jesús quere poñer en valor xa que considera que está escondido e deberiamos mostralo

Arroces, peixes, pratos de caza, postres… O Rueiro ofrece moitas alternativas pero a recomendación e chamar e falar con Jesús, según o que queirades e o día que sexa atoparedes algo que vos guste. Achegarse merece a pena por comer pero tamén por coñecer toda unha contorna moi cercana e moi descoñecida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial