Renuncia do alcalde de Ames para ocupar a Delegación do Goberno

0

Ames, 30 de marzo do 2021 – O alcalde de Ames, José Miñones, renunciaba onte ao cargo ao ser proposto para ocupar a Delegación do Goberno en Galicia.

A nova era coñecida onte ao mesmo tempo que o cese do actual Delegado, Javier Losada. Ames formalizou a renuncia de Miñones nun pleno extraordinario quedando de alcalde en funcións o primeiro tenente David Santomil.

10 días para elixir un novo rexedor

Ames terá agora que elixir novo alcalde nun pleno a celebrar nos vindeiros dez días. David Santomil xa avanzou que é o Psoe o que ten que presentar candidato ao ser a forza máis votada.

As posibilidades de ocupar o cargo divídense entre o voceiro Blas García e a número dous na lista Luísa Feijoo. As fontes consultadas por Lindeiros apuntan a García que actualmente compaxina as labores no concello coas de Promoción Económica e Asistencia a Municipios na Deputación.

De ser García o novo rexedor tería que decidir si continúa desenvolvendo as labores na Deputación. De non ser así o seguinte na lista para o posto sería o concelleiro compostelá Sindo Guinarte co que a cidade tería dúas persoas no goberno da Deputación xa que alí está tamén Mila Castro.

Luísa Feijoo pola súa banda é concelleira desde o ano 2015. Antes formou parte da directiva de distintas ANPAS do concello. Ademais de responsable no concello de Asuntos Sociais e tamén secretaria provincial de esta mesma área como parte da executiva do Psoe provincial desde xaneiro do 2018.

José Miñones

O que ata onte fora alcalde de Ames exerce de concelleiro desde outubro do 2009. Foi o voceiro socialista desde 2012 ata o 2015, ano no que accedeu á alcaldía tras as eleccións de xuño.

Forma parte da Comisión de mobilidad y accesibilidad de la Federación Española de Municipios (FEMP) desde 2016 ademáis de ser responsable executivo de política municipal no Comité Nacional Galego na provincia desde outubro do 2017.

Podes escoitar dúas entrevista con José Miñones en esta mesma web. Unha de maio do 2018  e outra máis recente de setembro pasado

No comunicado de renuncia louvou a labor realizada polo seu antecesor, Javier Losada, e agradeceu a confianza depositada en el por polo presidente do goberno Pedro Sánchez, co que o una unha moi boa relación de amizade desde hai anos.

Miñones expresou tamén o seu agradecemento “a todas as persoas que me acompañaron nos anos que exercín de alcalde do meu pobo, Ames, aos membros das diferentes Corporacións municipais, así como as persoas coas que compartín Goberno e a totalidade do persoal municipal, xa que, conxuntamente todas e todos fomos quen de traballar polo ben do noso Concello”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial