Oroso, 15 de xaneiro do 2021 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, emitiu onte un comunicado no que considera unha “irresponsabilidade” o comezo do deporte afeccionado.
Mirás considera que na actual situación Mirás participou este xoves nunha reunión coa Consellería de Sanidade para falar da actual situación epidemiolóxica e das novas medidas restritivas. O alcalde de Oroso explicou no transcurso da reunión que consideraba “unha irresponsabilidade que non se suspendan as competicións deportivas de afeccionados en ningunha das categorías”.
Manuel Mirás foi moi crítico coa posición da Federación Galega de Fútbol xa que dixo que está “empeñada en que comecen a competir nas ligas de Rexional Preferente, Nacional de Cadetes, Xuvenís e Infantís, e iso non ten outra explicación que un interese económico e recaudatorio das federacións e das mutuas”.
Máis problemas para os concellos
O rexedor orosino engade outra circunstancia que prexudica aos concellos; Manuel Mirás lembra que a posta en marcha destas competicións “supón outra carga máis para os concellos, que teremos que facer investimentos e poñer vixilancia nos campos, xa que falamos de clubs de deporte afeccionado que non teñen capacidade económica nin material para cumprir e facer cumprir os protocolos e as normas”.
O alcalde de Oroso pediu ao Comité Clínico e a Xunta de Galicia que actúen “As autoridades sanitarias deben estar por enriba das federacións, por iso eu pido formalmente que se supendan as actividades deportivas de afeccionados, e sobre todo que non comecen as de fútbol, que son as que máis xente moven”.