Alcaldes. Adolfo Muíños, Rianxo

0

Rianxo é unha vila única na bisbarra de Compostela. A súa situación xeográfica nun pequeno saínte cara o mar a mantén tamén, en certo modo, equidistante na relación coa Capital e co resto do Barbanza.

Adolfo Muíños leva xa tres lexislaturas como alcalde de Rianxo. Tras un período de goberno con maioría as eleccións do 2019 deixaron un escenario que o levou a reeditar o pacto co partido socialista que mantivera entre 2011 e 2015. Un acordo do que se mostra moi satisfeito

Esa estabilidade axudou nun ano tan complexo como o 2020 cunha pandemia na que aínda estamos sumidos. Para Adolfo Muíños unha das situacións máis complicadasfoi o propio feito do descoñecido, de non saber se os recursos sanitarios poderían co que estaba a suceder

A crise económica derivada da pandemia, que en moitos pobos fixo e segue a facer dano, non afectou tanto a Rianxo ao ter unha potente industria conserveira. Non sucedeu o mesmo coa situación dunha parte da poboación que pola dispersión das vivendas atopouse con outro tipo de problemas

Muíños ten claro que a dixitalización do rural ten que converterse unha prioridade para os gobernos. As diferenzas no acceso á rede poden crear, explica, unha sociedade desigual

Rianxo sempre tivo unha boa parte de turismo de proximidade. Tamén este sector está saíndo ben parado da pandemia e cóntase que o verán se manteña en esta dirección

Rianxo é unha vila cultural. Adolfo Muíños colaborou desde sempre, antes de ser alcalde, coas iniciativas culturais e na súa tarefa como rexedor iso nótase. Na actualidade traballan na recuperación da actividade e en proxectos tan importantes como a musealización da casa de rafael Dieste

Adolfo Muíños coñece á perfección a Rianxo. A claridade na dirección que debe levar o concello queda de manifesto en cada unha das súas frases. Trátase dunha vila, pese a situación actual, cun futuro moi prometedor e cun alcalde sensato para pilotalo. Desde Lindeiros tentaremos contalo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial