Alcaldes, Blas García, Ames

0

Blas García percorreu un longo camiño desde Boiro, onde comezou como concelleiro, ata a alcaldía de Ames á que acaba de acceder.

Traballou moitos anos como empregado do Partido Socialista e hai dúas lexislaturas entrou a formar parte da lista electoral que se presentaba ás eleccións do 2015. Blas García acompañou desde aquela a José Miñones ata este momento no que pasa a ocupar o seu posto de alcalde.

Estes días repetiuse moito o concepto “home de partido” algo que asume como algo positivo

Na toma de posesión tanto David Santomil, primeiro tenente de alcalde polo BNG, como o propio Blas García recoñeceron abertamente as diferencias e fixeron chamadas ao diálogo. Non é algo habitual esa exposición pública pero o alcalde o ve como algo positivo

O equipo de goberno de Ames no sufrirá grandes cambios, as únicas variacións teñen que ver coa incorporación de Santiago Márquez Noya como novo concelleiro socialista tras a marcha de José Miñones

En canto a proxectos enriba da mesa está a remodelación da nacional 550, ao seu polo Milladoiro, nun bulevar, algo que se pode ver beneficiado polo novo cargo do anterior alcalde

Non quixemos deixar de preguntar polo comedor do CEIP da Maía, tema pendente polos continuos retrasos da empresa e polos cambios na lei de contratos

Na entrevista preguntamos tamén polas insinuacións de José Ramón Oulego de Ciudadanos na toma de posesión ou polo momento no que se atopa o conflito do autobús de Ortoño. Tedes a conversa completa no noso podcast semanal ao que podedes acceder a través da app para o teléfono que tedes aquí ou na web desde aquí. Apoiando a Lindeiros contribuídes a unha información local e independente, teredes acceso a vantaxes especiais e comunicación directa con nos para recomendarnos temas, preguntarnos o que queirades ou denunciar o que vos pareza convinte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial