Alcaldes: Carlos Martínez, Vedra

0

Vedra 18 de novembro do 2021 – Lindeiros falaba con Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra, no mes de setembro do 2020. Tras unha volta a normalidade en falso agora si que parece que afrontamos un novo tempo.

O verán permitiulle ao rexedor reflexionar sobre un ano e medio co que ningún concello contaba no 2019. Carlos Martínez anunciara que esta sería a súa última lexislatura pero non pensaba que o tempo para levar adiante o seu programa se reducira a metade. Agora ten claro que se necesita unha “prorroga”.

Comezamos preguntando por si, desde a súa opinión, podemos falar xa dun novo escenario. Martínez opina que estamos na porta de saída da pandemia, non se recuperou todo pero estamos nun momento non que si que parece que non se darán pasos atrás

En todos os lugares, pero en Vedra e o Val do Ulla en particular, as actividades sociais volven. Ë unha das cousas máis demandadas pola veciñanza e de feito as propias asociacións van recuperando reunións e propostas

Recuperar a programación prevista a principio de lexislatura no ámbito do goberno municipal é algo máis complicado. Durante case dous anos a xestión tivo que centrarse en combater a pandemia e iso condicionou a lexislatura en todo os concellos, non só en Vedra

Desde ese punto de vista é obrigado preguntar se non se reformula a decisión de non presentarse nas eleccións do 2023. Carlos Martínez ten a sensación de que necesita unha “prorroga”, que, si os votantes o deciden, ten que rematar o que tiña previsto no 2019

A pregunta é cales son eses plans inconclusos. Resulta evidente que, consiga facer todo ou non, Carlos Martínez ten un programa bastante definido do que quere para Vedra. Debuxa un tras outro os proxectos rematados, os que están en proceso e os que virán

Os electores terán que decidir no 2023 se renovan a confianza dos alcaldes ou mudan o seu voto. Escoitando a Carlos Martínez un non duda de que o que pensa é compartido por moitos alcaldes e responsables políticos en distintos postos. Si a pandemia condicionou, faino aínda, o traballo dos concellos, paralizou tamén os plans municipais dos distintos rexedores. Teremos que ver como se enfronta cada alcalde aos vindeiros comicios municipais, o de Vedra quere seguir.    

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial