Alcaldes: Xosé Lois Piñeiro, A Pobra do Caramiñal

0

Xosé Lois Piñeiro ven de pasar o ecuador da súa lexislatura como alcalde da Pobra do Caramiñal. Un segundo mandato a miúdo serve para consolidar ou rematar proxectos pero como no resto do mundo a pandemia rachou con toas as previsións.

En este segundo mandato conta co apoio de PSdeG e BNG aínda que o acordo de lexislatura tardou un ano en chegar. A actitude da voceira socialista, Patricia Lojo, que se presentaba por primeira vez a unas eleccións, tivo bastante que ver en este acordo según Xosé Lois

Xosé Lois é alcalde por Nos Pobra despois de ter militado no BNG. Preguntámoslle polo papel das chamadas mareas municipalistas na política galega

Algo que adoita quedar fora da escea é a burocracia, da a sensación que canto máis pequeno é un concello máis fácil resulta facer as cousas.No caso da Pobra a pandemia retrasou aínda máis proxectos xa aprobados pero que polas dificultades da tramitación ían moi lentos

A Pobra intentar tirar partido dun Plan Xeral aprobado hai tempo pero según o alcalde chegou tarde. O pobo vive ademais entre dous pobos cun forte crecemento como son Ribeira e Boiro e por isto lle preguntamos a Xosé Lois

A temporada turística se presenta con boas perspectivas tendo en conta o contexto actual, a posibilidade de volver a realizar actividades de promoción axudará a dinamizar o verán

Xosé Lois Piñeiro transmite seguridade cando fala do seu traballo. A Pobra sufriu algo máis a pandemia pero traballa arreo para recuperar o tempo perdido.

Co alcalde falamos tamén do complicado urbanismo dos pobos costeiros, das dificultades de manter a poboación ou do momento actual e das previsións con respecto á pandemia.

Tes esta e outras conversas completas no noso podcast. Faite mecenas e apoianos para publicar máis contidos como este.

Descarga a app de Patreón  en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android

ou en IOS

https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188

Ou si o prefires directamente desde a web

https://www.patreon.com/lindeiros

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial