Alcaldes: Frades, Roberto Rey

0

Hai pouco máis dun ano que visitábamos Frades e volvemos para coñecer de primeira man como vai chegando pouco a pouco este novo tempo .

Chegamos nun momento no que o alcalde, Roberto Rey, ve como un dos proxectos de esta lexislatura, o centro socio comunitario, está xa en construción. A aposta foi desde o primeiro momento por este modelo fronte a un centro de día que limitaba moito máis as actividades

No caso de Frades o Centro de Día tería moi poucos usuarios. Algo do que non se soe falar en este tipo de servizos é das limitacións que por normativa teñen a hora de recibir a usuarios

A volta pouco a pouco á normalidade trouxo consigo a reapertura do consultorio médico de Abellá, unha boa nova demandada desde hai tempo polos veciños

Outra das peticións dos últimos días foi a recuperación do servizo de pediatría. Roberto Rey explica que está traballando en ese tema pero hai que ir pouco a pouco, que é imposible que todos os concellos teñan todo ao mesmo tempo

Un dos problemas do rural e a demografía. A pandemia trouxo o interés de moita xente por volver á aldea e no caso de Frades isto concretouse nun aumento do censo

o concello non para e ven de pasar un verán con moitas actividades aínda co aforo limitado. As sensacións do alcalde son boas e están xa coa programación para estes vindeiros meses

A pouco máis de ano e medio para as eleccións sempre quedan cousas por facer e Roberto Rey explícanos en que se traballa en esta última parte da lexislatura

Rey é un alcalde pegado ao pobo, dos que coñece o seu concello casi casa a casa. Que proxectos como o do centro socio comunitario estea xa en construción da boa mostra do firme que son os seu proxectos aínda que non sempre dependan del. Se non estiveches aínda en Frades é unha das mellores opcións a coñecer na bisbarra de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial