Alcaldes, José Luís García, Arzúa

0

Poucos meses antes das eleccións do ano pasado o actual alcalde de Arzúa, José Luís García, non tiña claro si presentarse á reelección.

Tras dúas lexislaturas moi complicadas, sobre as que falabamos con el no 2017 en esta entrevista, opta por intentalo e repite como alcalde de Arzúa cun concelleiro menos e o apoio do Psoe local.

Comezamos a entrevista lembrando aquelas dúbidas. José Luís García recoñece que non agardaba unha lexislatura coma esta, esperaba uns anos tranquilos centrado na xestión, pero ao cambio de secretaria e interventor sumouse o Coronavirus

O certo é que o feito de cambiar interventor e secretaria contribuíu ao impulso da administración electrónica. As melloras implantadas supuxeron unha gran axuda no confinamento e o concello puido seguir traballando

Como en outros concellos o departamento de servizos sociais de Arzúa foi o que soportou, soporta, a maior presión da pandemia. O ter localizadas a familias vulnerables e a colaboración dos veciños axudou a solucionar os problemas que foron aparecendo

Por regla xeral a colaboración entre partidos foi boa durante os últimos meses. Arzúa non foi unha excepción e pese a ser 5 grupos distintos a relación durante o confinamento foi boa

José Luís Garcia non esconde ser por natureza pesimista. Mirando cara o futuro cre que todo dependerá da responsabilidade de cada un no que se refire a pandemia. No económico vota de menos axudas por parte da Xunta como si están chegando desde outras administracións

Arzúa non para pero tanto a implantación electrónica no inicio da lexislatura e o confinamento despois paralizou moitos proxectos que nos próximos meses o alcalde espera que salgan adiante

A Festa do Queixo de Arzúa foi das últimas en celebrarse antes do confinamento. A estas alturas, en condicións normais, estaría case planificada a edición 2021. O alcalde baralla dúas opcións, unha celebración con restricións sanitarias o incluso pospoñela para máis adiante

José Luís García, como vimos de escoitar, confesase un home pesimista e sen embargo sempre aparece no seu falar un camiño para seguir. O seu paso pola alcaldía ata o momento non foi doado pero vese que no fondo no perde a esperanza de recuperar unha certa normalidade que lle permita disfrutar das cousas que vai conseguindo. Non deben ser poucas porque dúas lexislaturas seguidas sacando máis do 40% por cento dos votos emitidos dan fe do que pensa o pobo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial