Alcaldes. José Manuel Varela, Val do Dubra

0

José Manuel Varela chegou a alcaldía de Val do Dubra co apoio de Terra Galega e a Agrupación Dubresa Independente. Para el, explica, foi unha sorpresa xa que as conversas con ambas as dúas formacións non concretaran nada.

En calquera caso tivo que comezar a xestionar unha administración nunha situación de paro técnico. Na lexislatura anterior Son de Val do Dubra só conseguira que Antonio Negreira fora alcalde por ser a lista máis votada. A Xunta de goberno ou as comisións, instrumentos básicos para traballar, nunca foron aprobadas en pleno. A tensión chegou ao punto de querer retiralle o soldo de alcalde pero un informe da secretaria frenou a intención do Partido Popular.

José Manuel Varela é alleo a todo esto xa que fíxose coa dirección da xestora do partido pouco antes das eleccións. Agora ten que lidiar cos problemas que, en certo modo, son froito dunha oposición excesiva. A todo esto sumouse a pandemia, un problema que foi peor nos concellos cunha poboación moi maior

Un dos exemplos da situación que vivía o concello era o feito de que os orzamentos estaban prorrogados desde o 2015. En xaneiro de este ano conseguiuse aprobar un novo documento que, como é lóxico, está marcado polo gasto social

Val do Dubra é un concello cruzado pos estradas cun alto volume de tráfico. Desde Compostela a Santa Comba ou desde Ordes a Trazo. Precisamente José Manuel Varela recibía fai pouco a visita do novo alcalde de Ames, Blas García, para pedir xuntos arranxos para a vía que vai de Portomouro a Roxos

Podedes escoitar a entrevista completa no podcast semanal de Lindeiros. Desde 4 euros ao mes tedes un montón de contidos exclusivos e apoiades a información máis cercana. https://buff.ly/2Smyz8k

A colaboración entre concellos por medio de convenios era unha tendencia en aumento xa antes da pandemia. O novo alcalde dubrés ten clara esa necesidade e considera moi boa a relación coa contorna

O cambio de tendencia na xestión de Val do Dubra visualizouse especialmente no apoio aos traballos de investigación no Castelo de Portomeiro. José Manuel Varela ten claro que a protección do patrimonio é necesaria e pode ser ademais un recurso para o concello

O novo alcalde de Val do Dubra ten un complicado traballo por diante nun escenario que no último ano fíxose aínda máis difícil. Na parte positiva da crise sanitaria está a convicción de todos os partidos da necesidade de colaborar. A aprobación dun orzamento e os primeiros acordos con administracións e concellos dan mostra de que os primeiros pasos xa se deron, o tempo dirá cara onde o levan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial