Alcaldes: Luís Rey, Oroso

0

Luís Rey era designado pola asemblea local do PSdeG de Oroso como sustituto de Manuel Mirás o pasado mes de maio. A finais de mes recibía o bastón de mando do anterior alcalde nun pleno extraordinario.

Falamos con el cando a presunta normalidade parece facerse persistente. Rey, e o resto de concelleiros, traballaron arreo todo este período ao lado de Mirás polo que levar no cargo menos de cinco meses só fixo aumentar o nivel de responsabilidade.

Luís Rey recoñece que foi unha época moi difícil, de moito traballo, pero que se cumpriu o obxectivo de estar a carón dos veciños

 

Como en outras entrevistas con alcaldes, queda patente que os concellos son a administración á que acoden os cidadáns en primeiro lugar aínda que as competencias en materias como sanidade non sexan municipais. Luís Rey cre que é o momento de retomar os servizos e de que todo volva a funcionar

O pasado mes de setembro Oroso elevaba a reserva de vivenda protexida nas novas edificacións ao dez por cento. Rey explica que coa ampliación do polígono o concello entra nunha fase de crecemento que pode traer máis xente a vivir ao municipio

En estes poucos meses Luís Rey tamén tivo tempo de entrar no debate político coa oposición. A demanda da alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e o voceiro do PP de Oroso, Alejandro Doval, pedían unha modificación nun dos proxectos máis esperados na bisbarra como é a futura Vía verde entre Cerceda e Compostela

Un dos proxectos estrela de esta lexislatura era a ampliación de centro multiusos de Sigüeiro pero a quebra da empresa que o levaba a cabo dou ao traste con todo. En este momento vólvese a licitar polo que pronto poderá rematarse. Un proxecto que, como nos conta Luís Rey, é moi esperado entre outras razóns por unha biblioteca dixitalizada que permitira o acceso as 24 horas os sete días da semana

Oroso é un concello que sempre ten proxectos abertos, un municipio en constante cambio e crecemento. A pouco máis dun ano e medio das eleccións ao novo alcalde aínda lle quedan moitos plans no peto

Luís Rey leva máis de 20 anos vencellado ao concello de Oroso. Foi o responsable de que Manuel Mirás volvera ao partido socialista e creou a Escola Deportiva Xuventude Oroso, onde implantou un sistema de traballo que a levou a converterse nunha das canteiras referentes a nivel nacional. Coñece Oroso á perfección, algo que se percibe desde que un comeza a falar con el. Sustituir a un rexedor como foi Manuel Mirás, referente en toda a bisbarra, non é doado pero Rey polo momento o está conseguindo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial