Alcaldes. Manuel Cuiña, Silleda

0

Silleda é un dos concellos que afrontou máis cambios nos últimos anos. Pasou dunha situación financeira casi de quebra a ter superavit, algo que de non ter sucedido o colocaría na peor situación de toda a bisbarra coa chegada do Covid.

Manuel Cuiña, alcalde de Silleda, renovaba o cargo con maioría absoluta en xuño do ano pasado. É un dos rexedores máis sensatos que un pode atopar, falar con el da unha visión sempre axustada da realidade; cóntanos o difícil que resulta chegar cada día ao concello cando os problemas pasan de ser que estrada asfaltar a cuestión persoais de familias que non teñen suficiente para vivir

Como dicimos ao comezo a situación económica de Silleda no 2007 era crítica, si a pandemia sucederá en aquel momento é difícil dicir o que sucedería ou que en situación quedarían os veciños máis necesitados. Cuiña explica que os cambios realizados na última década permitiron que sexan dos concellos que máis axudas destinaron a paliar esta crise

Ao igual que outros concellos Silleda viviu nos últimos meses unha montaña rusa en número de positivos por Covid. Ao igual que sucede na contorna de Santiago con Ames e Teo, aquí a proximidade de Lalín e A Estrada tamén afecta aos contaxios. O alcalde, en cada ocasión que ten oportunidade, apela a responsabilidade individual para saír de esta

Manuel Cuiña deixa claro que non hai nada de positivo na pandemia pero si que destaca que está sendo unha oportunidade para poñer en valor o rural. A calidade de vida e a seguridade sanitaria está quedando demostrado que é maior e mellor que na cidade

A todos os alcaldes preguntamos pola situación da conectividade dixital no concello xa que é un servizo básico nunha situación como a actual. Silleda ten en marcha dous proxectos que levarán a conexión a todo o territorio

Cando hai 3 anos entrevistábamos a Manuel Cuiña nos daba un dato que descoñecíamos, que Silleda é, despois de Santiago, o concello que máis camas de hospedaxe ten de toda a bisbarra. Un dato que na situación actual obriga a preguntar pola situación do sector

Preguntar polo futuro sempre é arriscado pero nunha situación como a actual convértese nunha lotería. Manuel Cuiña explica que o 2021 podería ser o mellor ano para Silleda pero vai depender de como evolucione a pandemia

Silleda foi portada nacional no 2017 por organizar unha consulta pública sobre si o concello debía construír unha nova casa consistorial. O si foi o gañador pero levar a cabo o proxecto precisa de axudas e a crise complica máis a idea. Con todo o alcalde ten a esperanza que de en esta lexislatura poida ser unha realidade

Manuel Cuiña da sempre a sensación de saber en que lugar e en que momento está en cada unha das cuestións polas que se lle pregunta. Esa capacidade de entender a realidade, sen optimismos excesivos nin pesimismos innecesarios, é un valor cuxa importancia verase sobre todo cando todo remate, sexa cando sexa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial