Alcaldes: Xosé Sánchez Bugallo, Santiago de Compostela

0

Cando Xosé Sánchez Bugallo gañou as eleccións do 2019 xa sabía que sería unha lexislatura complicada. Non ter unha maioría absoluta obrigaría a chegar a acordos. Co que non contaba era cunha pandemia mundial que mudo todos os plans.

Dous anos despois Sánchez Bugallo está bastante satisfeito por como se resolveron os problemas de Compostela. Destaca a unidade acadada entre os grupos nos momentos máis difíciles e mira aos dous anos que quedan de lexislatura con optimismo.

Comezamos preguntando por estes dous anos tan intensos e a valoración que o alcalde fai de esta etapa. Bugallo considera que xa era complexa antes de comezar porque chegaba de 8 anos de “parón”

O alcalde fai fincapé do acordo alcanzado, por todos os grupos antes das eleccións, sobre os cinco temas prioritarios para a cidade e dos que di que espera completar antes do fin do mandato

A relación coa oposición foise deteriorando ao longo do mandato. O rexedor o achaca á necesidade de atacar ao goberno a medida que chegan os próximos comicios. En todo caso considera que os principais temas que chegan a pleno van saíndo

Na bisbarra marcharon en este período alcaldes emblemáticos como José Luís García en Brión ou Manolo Mirás en Oroso. Preguntamos a Xosé Sánchez Bugallo pola relación cos outros concellos, o alcalde lamenta a paralización da Mancomunidade

O Xacobeo é unha oportunidade de recuperación para a cidade, en especial pola prolongación ata o 2022. Sánchez Bugallo considera que a partir de setembro poden incrementarse as visitas e que a estabilidade sanitaria é unha garantía para certos mercados

Na conversa falamos tamén da finca de Peleteiro, do parque de bombeiros ou dos plans de Bugallo de cara ás eleccións de dentro de dous anos. Tedes a conversa completa no noso podcast ao que podedes acceder nos seguintes enlaces

App de Patreón  en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android

En IOS

https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188

Ou si o prefires directamente desde a web

https://www.patreon.com/lindeiros

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial