Alcaldesas: Josefina Suárez, Trazo

0

Seguimos coas entrevistas aos rexedores da bisbarra e chegamos a Trazo. A alcaldesa, Josefina Suárez López, levaba 8 anos de concelleira cando a renuncia de José Dafonte a presentarse nas municipais de hai un ano a colocaron como candidata.

Alcaldesas: Josefina Suárez, TrazoAínda sen saber o ano que lle quedaba por diante, Josefina atopou os primeiros problemas antes incluso das eleccións. O concelleiro popular, Manuel Pereiro dimitía e creaba o seu propio partido Somos Trazo, unha candidatura que acabaría conseguindo dos concelleiros e evitando a maioría de Josefina Suárez que se quedaba con 5, tendo o Psoe 3 e o BNG 1.

Josefina Suárez é natural de Chaián, nos achegamos á área recreativa para falar con ela e preguntarlle por como viviu estes últimos meses tan complexos. Si as eleccións e as semanas posteriores foron complexas e a obrigaron a adaptarse a un goberno en minoria, recoñece que durante a pandemia contou coa colaboración de todos os grupos

Alcaldesas: Josefina Suárez, TrazoPara ela supuxo un reto persoal xa que despois de anos traballando como concelleira converteuse na primeira muller que o Partido Popular presentaba como candidata á alcaldía, algo que ao principio non foi ben recibido

Acaban de acadar un preacordo con Somos Trazo que permitirá unha estabilidade moi necesaria para a xestión diaria  e que evitará o bloqueo que según Josefina Suárez estaban sufrindo

Alcaldesas: Josefina Suárez, TrazoO xestión da crise do Covid nun concello do rural como Trazo, como xa falamos con outros alcaldes, non é sinxela polo illamento da poboación. Ao mesmo tempo hai un mellor coñecemento da poboación. Durante o confinamento todos os grupos, funcionarios e veciños traballaron para que todo pasara do mellor xeito posible

A curto prazo esta a apertura do curso escolar. Sen protocolos definidos todos os concellos están a expectativa do que pode suceder. En Trazo o colexio ten espazo suficiente para duplicar as aulas se fora necesario pero unha das principais preocupacións é o Punto de Atención a Infancia.

Ao mesmo que se xestiona toda esta crise o concello ten que seguir mellorando e na área de obras levar o saneamento a todo o municipio de Trazo e fixar poboación son as principais prioridades da alcaldesa

Alcaldesas: Josefina Suárez, TrazoO rural ten na conectividade unha das principais eivas. Nun lugar emblemático como Chaián non hai cobertura telefónica. A crise do Covid aumentou o número de queixas debido a necesidade de tele traballar. algo que levan tempo intentando mellorar coa colaboración de Amtega

Josefina Suárez ten un longo camiño por diante no que os retos son moitos. Cunha poboación moi envellecida unha muller ten as veces que dedicar moito máis tempo a acadar a confianza dos veciños. Si a estas circunstancias se lle suma a crise sanitaria e os conflitos políticos o que non se lle pode negar é o valor. A paixón que mostra cando fala de Trazo en xeral, e de Chaián en particular, é a mellor arma para os tres anos de lexislatura que lle quedan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial