Alcaldesas: María José Pose, Santa Comba

0

Santa Comba, 2 de maio do 2022 – A pasada semana Santa Comba aprobaba os seus orzamentos para o presente exercicio e un día antes Lindeiros falaba coa alcaldesa, María José Pose.

Explicar en poucas liñas todo o sucedido nos últimos anos é misión imposible. María José Pose cheogou por primeira vez ao cargo de alcaldesa un ano antes das eleccións municipais do 2015, tras a dimisión de Antonio Landeira por motivos persoais. Nos comicios empata en concelleiros co Psoe de José Antonio Ucha que faise alcalde por ser a lista máis votada.

En maio do 2016 unha moción de censura devolve a María José Pose á alcaldía. No 2019 Ucha entrega o cargo de rexedor a David Barbeira, único concelleiro de Compromiso por Galicia. Psoe e Compromiso, Ucha e Barbeira, mantiveron unha loita desde o primeiro momento que rematou coa negativa do de Compromiso a ceder a alcaldía ao pasar dous anos.

Ucha acabou por apoiar unha moción de censura a quen lla fixese no pasado, María José Pose. Na primeira conversa de Lindeiros coa alcaldesa a primeira cuestión tiña que ser todo este percorrido político

María José Pose recoñece que a primeira vez que foi alcaldesa non estaba nin na súa cabeza. Tivo que aprender desde cero as diferencias entre ser concelleira e convertrse en rexedora. Agora chegou cunha experiencia acumulada que pon enriba da mesa do despacho para sacar adiante ás súas propostas de xestión

Tras dous anos de liortas é obrigado preguntar pola situación na que o equipo de Pose atopou o concello, María José Pose explica que os proxectos que deixou sobre a mesa seguen aí sen ser desenvoltos, cre que o concello estivo parado durante estes dous anos

Como comezabamos dicindo, a pasada semana eran aprobados en pleno os orzamentos municipais. Unhas contas que superan os nove millóns de euros e que María José Pose explicábanos un día antes

A un ano das eleccións municipais a alcaldesa explica que será imposible facer todo o que quere pero espera que os plans que desenvolva sexan suficientes para volver a alcaldía sen apoios externos

María José Pose é dos poucos alcaldes que non cobra soldo, é algo a valorar e máis nos tempos que vivimos. Fala con agarimo do seu pobo, Santa Comba, e transmite sinceridade e seguridade cando explica as situacións vividas e os proxectos que propón. Escoitando os plenos municipais nótase en ocasións a condescendencia coa que a tratan en certas ocasións desde a oposición pero ese machismo latente, tan habitual no rural galego, dou en oso con ela. O tempo e os veciños serán os que xulguen o traballo de María José Pose.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies