Alegacións contra o proxecto de parque eólico de Castro Valente

0

Padrón, 27 de febreiro do 2021 – O proxecto Castelos no Aire anima a presentar alegacións contra a instalación dun parque eólico que afectaría ao xacemento do Castro Valente.

parques eólicosEn decembro pasado contabamos os traballos que Castelos no Aire realizaba no Castro Valente. Tratábase de determinar o valor arqueolóxico do asentamento e propoñer xeitos de protexelo. Naquel momento xa se advertira das intencións de instalación dun parque eólico que cada vez está máis próximo.

Castelos no Aire, proxecto de investigación que nace na USC e conta co apoio da Deputación da Coruña, alerta que a construción deste parque eólico afectaría dende un punto de vista patrimonial, non so ao xacemento arqueolóxico, senón a toda a contorna. Tamén habería que valorar outras afeccións como as naturais, sociais, etc.

Equipo de Castelos no Aire que realizou a investigación do Castro Valente

Por estes motivos consideran que non deben apoiar o proxecto e propoñen presentar alegacións  e animan a visitar a páxina Eolicosbaixoulla onde se explica o proceso a seguir e facilita os formularios necesarios. O prazo de un mes comezou o pasado día 18 polo que aínda queda tempo para colaborar.

O proxecto de parque eólico súmase ao da liña de alta tensión que ameaza o Castro Lupario, que contabamos hai uns días, no veciño concello de Rois. Dúas iniciativas que invitan a reflexionar sobre como protexer o patrimonio  ou, cando menos, respectalo ao tempo que se melloran os servizos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial