Alertan de perigo de accidente en vías do concello da Estrada

0

A Estrada, 10 de maio do 2021 – O Bloque Nacionalista Galego da Estrada advirte do perigo de accidente en vías de titularidade municipal.

Os nacionalistas da Estrada denuncian que o mal estado é consecuencia dunhas obras defectuosas que acabaron por afundir en exceso as cunetas ao tempo que se estreitaba a calzada. O perigo de accidente por saída de vía é evidente cando se cruzan dous coches, e hai que abeirar para pasar.

Un caso repetido

O BNG lembra que hai un ano sucedeu na vía que une Arcoa con Torreboredo e que agora sucede o mesmo coa que une a N-640 coa PO-2016 de Vinseiro.

A voceira Susana Camba explica que a estrada en cuestión “representa unha opción importante para quen veña do lado de Lalín e pretenda dirixirse a Cereixo, Guimarei, Vinseiro ou mesmo quen baixe por Fernando Conde e pretenda dirixirse a estas parroquias sen ter que cambiar de sentido xunto da vella discoteca Lennon, manobra non exenta de perigo”.

Implicación das administracións

Os nacionalistas destacan que a solución non depende só do concello e que están implicadas administracións como  Fomento  e Deputación. Por eso critican o feito de que o equipo de goberno non se dirixira nunca a ningunha das dúas para esixir unha solución.

Plan de mellora de estradas

O BNG aproveita para reclamar a posta en marcha dun plan de mellora de estrada de titularidade municipal.  Consideran que en xeral están en moi mal estado e poñen como exemplo a que vai de Santo André de Vea a Frades ou tamén a de Santa Mariña a Barcala.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial