O Rally de Noia cumpre este ano a 34 edicións, un tempo no que se converteu por dereito propio nunha referencia no mundo do motor en Galicia. Organizado pola Escudería Berberecho é unha das probas que non se quere perder ningún piloto, proba de isto é que en esta edición baterán o récord de inscritos no campionato galego: 156.
O Rally de Noia acolle algúns dos tramos máis atractivos para pilotos como espectadores como o de Tambre ou Montemuiño e nos últimos anos engadiron outros novos que comezan tamén a formar parte da historia da proba. Este ano ademais incluirá por primeira vez un tramos urbano co que a unión da proba coa vila e coa veciñanza de Noia será completa.
Nos últimos anos un novo equipo comezou a dirixir a organización. Afrontar a dirección dunha proba con tanta historia e tan ben valorada polo mundo do motor foi un reto que a nova directiva superou con moi boa nota. Lindeiros. gal entrevista a Álvaro García, director de carreira e secretario da Escudería berberecho, para saber un pouco máis de este proceso de cambio e do Rally de Noia 2018. Comezamos falando de esa responsabilidade de dirixir unha proba con tanta historia, algo que foi un reto pero que cada ano que pasa resulta máis doado
Sempre é complicado a organización dun rally e sempre aparecen problemas pero en esta ocasión estívose a piques de suspender todo pola negativa de portos de Galicia a permitir a ubicación do parque pechado
Nos últimos anos os tramos foron renovados con novos trazados e procurando non repetir pero a boa acollida do tramo do concello de Mazaricos fai que se pase por el e a Escudería decidiu recuperar un dos treitos máis míticos do Rally, o de Montemuiño en Porto do Son
Despois da boa acollida que tivo a cerimonia de saída do ano pasado a organización decidiu dar un paso máis en ese idea de acercar o rally as rúas de Noia e así naceu o tramo urbano que se disputará na tarde do venres 13
O Rally de Noia é unha proba que nunca parou pola climatoloxía, a posibilidade de ter un día seco a unha hora e mollado a outra da unha especial dificultade que como explica Álvaro é normal disputándose en abril
Como dicíamos ao comezo este ano a proba bate récord de inscritos no campionato galego de rallys
Os primeiros da lista de inscritos son os que aspiren a vitoria pero tamén estarán algúns pilotos con máis anos as costas que poden aínda dar guerra
Conversamos sobre os clásicos e sobre os gustos de Álvaro e acabamos coincidindo en que máis velocidade non ten porque ser máis diversión
O Rally de Noia e a Escudería Berberecho son parte da historia do motor no noroeste peninsular pero forman parte tamén do corazón de moitos afeccionados. Unha organización impecable, uns tramos cuns accesos doados e divertidos para pilotos e espectadores e unha vila como Noia son a combinación perfecta para un fin de semana de Rally. Coma sempre non está demais pedir precaución a todo o mundo, lembrar que os comisarios e os voluntarios están para axudar e que as marcas na estrada delimitan onde se pode colocar un e onde non. A continuación vos deixamos un enlace de descarga da lista de inscritos e da guía do Rally.
Máis información: http://www.ralinoia.es/