Abril de cine no concello de Ames

0

Ames, 22 de marzo do 2021 – Ames impulsa unha nova iniciativa cultural para o vindeiro mes que leva por nome Abril de cine que inclúe tres sesións con filmes galegos.

Abril de cine celebrarase os mércores. A primeira película que se proxectará en Ames será Ons, o vindeiro día 7 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun drama no que Vicente e Mariña chegan á illa para pasar o verán. El vén dun accidente e as súas consecuencias psicolóxicas, e a viaxe será bálsamo para o seu matrimonio. A estancia  prolóngase a petición del, e, secretos gardados empezan a aflorar. 

A seguinte sesión será o 14 de abril co filme A Illa das mentiras, na Casa da Cultura do Milladoiro. Un drama baseado nunha historia real dos anos 20. Un buque, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, fúndese fronte a illa de Sálvora. Tres mozas isleñas, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) y Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acude a Sálvora para cubrir a nova pero comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles “casualidades”.

A terceira e última sesión realizarase o día 21 de abril, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. Esta película conta a historia dunha moza que vive nunha aldea nas montañas galegas xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre llo impediron.

Todas as proxeccións serán ás 20.00 horas. A entrada é de balde e débese reservar o convite a través da billeteira electrónica.

Con esta iniciativa a  programación cultural, na que habitualmente están representadas as disciplinas de teatro, danza e música, amplíase coa de cine. Dúas das cintas, Ons e A illa das mentiras, acaparan a maior parte das candidaturas finalistas nas 25 categorías dos XIX Premios Mestre Mateo. Ademais, o filme Trote tivo 12 candidaturas nos 33 Premios Goya de 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial