Ames abrirá o novo comedor do CEIP  A Maía no mes de xullo

0

Ames, 25 de maio do 2021 – Tras multiples problemas e retrasos o novo comedor do CEIP A Maía, en Ames, comezará a funcionar en xullo para dar servizo á escola de verán.

O novo comedor escolar de Ames foi costeado con fondos propios, incluídos nos orzamentos 2021. O edificio recibiu un investimento de 389.575,76 euros. e construíuse nos terreos nos que se situaba o antigo comedor.

Membros do Goberno municipal, dos grupos municipais con representación na Corporación, a directora do CEIP da Maía, a presidenta da ANPA e a aparelladora municipal, visitaron o pasado venres o novo comedor do CEIP da Maía.

O edificio destaca pola súa luminosidade e colorido exterior. Trátase dun edificio plenamente integrado na área exterior do centro escolar que se atopa onde estaba o antigo comedor deste colexio. O novo espazo dispón dunha capacidade de 230 prazas, acadando as 460 prazas en dúas quendas.

Este novo comedor enmárcase dentro da Rede municipal de comedores escolares xestionada pola Concellaría de Educación, da que xa forman parte máis de 1.400 usuarios/as entre os sete centros escolares CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, EEI Milladoiro, EEI da Igrexa – Ortoño e a EEI de Covas.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “esta nova infraestrutura destaca pola súa capacidade e carácter diáfano do comedor escolar. Responde a un deseño innovador no uso de materiais de construción, estética, funcionalidade, climatización e eficiencia enerxética”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial