Ames, 9 de setembro do 2020 – O Concello de Ames aprobou o expediente de licitación para urbanizar a conexión da rúa da Agra coas de Fontaldeiro e Fragua dotando a Bertamniráns dunha nova calle.
O pasado verán o concello conseguía un acordo co propietario das parcelas necesarias para a realización de esta obra. Tras a cesión dos terreos é a queda da urbanización que comeza dotando a este novo espazo da rede de pluviais. O investimento en esta obra supera os 174.000 euros.
Este novo tramos urbano que se abrirá ao tráfico na travesía da Agfra terá cen metros de lonxitude e un ancho de sete.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “o acordo subscrito co propietario da parcela permitirá dotar a este viario dunha rede de pluviais, xa que esta é unha zona que cando chove con gran intensidade, acumúlase unha grande cantidade de auga podendo provocar danos no propio pavimento das rúas e nas vivendas próximas, así como situacións de perigo para a seguridade viaria”.
Tamén se contempla a execución dun muro de contención duns 45 metros que permitirá conter un treito de ampliación do viario existente para xerar prazas de aparcamento e unha zona de paso para os peóns.