Ames adxudica as obras dos Camiños de Suevos a Miso e de Troitosende a Capela

0

Ames, 19 de agosto do 2021 –  A Xunta de Goberno Local de Ames adxudicou a realización das obras de camiño Suevos a Miso, na parroquia de Trasmonte, e as obras de camiño Troitosende á Capela da Madalena, en Piñeiro.

O proxecto de Suevos a Miso ten un orzamento de 27.125,57 €. Por outra banda o de Troitosende conta cun financiamento de 14.520,00 euros.As actuacións previstas nestas  obras van encamiñadas á mellora da drenaxe, da seguranza viaria e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

Ao mesmo tempo as obras en Suevos e Troitosende revirten no mantemento dos camiños municipais, tanto do firme existente como das súas marxes ou o reforzo dos terrapléns. Os contratos presentan unha duración inicial de dous meses.

Características das obras proxectadas

As obras do camiño de Suevos a Miso iniciaranse cunha limpeza de gabias e a mellora da capa de rodaxe. No primeiro treito aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ó 12% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo; e no segundo treito reporase o paquete de firme con quince centímetros de zahorra de canteira máis trinta centímetros de pedraplen.

Contémplase así mesmo a execución de 75 m de formigón en pavimento para a formación de cuneta de seguridade, baixo a cal canalizarase cano de PEAD Ø315 mm mais a execución de 4 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais.
Tamén dous treitos de cuneta triangular de formigón (19,50 m e 25 m), a canalización de 6 m de cano de formigón de 40 cm de diámetro, e execución de 1 arqueta e 1 embocadura para o cano, así como a colocación de 28 m de barreira de seguridade máis os abatementos.

As obras do camiño de Troitosende a Capela da Madalena comezan, tamén, coa limpeza de gabias e a mellora da capa de rodaxe. Aplicarase no primeiro treito un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ó 15% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo; e no segundo treito reporase o paquete de firme con quince centímetros de zahorra de canteira mais trinta centímetros de pedraplen.

Finalmente colocarase unha sinal de Stop e dous treitos de barreira de seguridade mais abatementos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial