Adxudicada unha senda peonil en Coira, Ames

0

Ames, 15 de xullo do 2021 – A Xunta de Goberno Local do concello de Ames adxudicou, na sesión do pasado un de xullo, a construción dunha senda peonil en Coira.

O proxecto de Coira ten un orzamento de 142.882,17 euros. O financiamento será con cargo a Deputación Provincial por medio do POS+ 2019.

A senda peonil contará cunha lonxitude de 530 metros e 2 metros de ancho, para mellorar a seguridade viaria entre os lugares de Ventín e Coira. Ademais, Executarase tamen un muro de bloques de granito de 120 metros de lonxitude e 2 metros de alto, para contención de terras. Previo á execución do pavimento contémplase a canalización 257 metros de tubeira de 315 milímetros de diámetro, a instalación no acceso ás parcelas dun total de 40 metros de caz de formigón con reixa coas súas arquetas asociadas e a colocación de 6 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais.

Tamén se canalizarán 55 metros de tubeiras de 630 milímetros de diámetro (10 destes metros con reforzo de formigón no cruce da estrada) e a execución de 3 arquetas con reixa. Igualmente, previo á execución do pavimento, contémplase a canalización das redes de telefonía, baixa tensión e alumeado, facendo unha transición aérea subterránea. Este proceso implica a desmontaxe e retirada de postes, apertura de zanxa e a canalización de cada unha destas redes, mais a execución de arquetas e instalación de novas luminarias.

Finalmente contémplase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras, a colocación de 60 metros de varanda metálica para protección e a adaptación de pozos de rexistro existentes á nova rasante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial