Ames aposta por mancomunar servizos

0

Ames, 29 de maio do 2021 – O concello de Ames aposta por mancomunar servizos e traballa en distintos acordos con Brión, Negreira e A Baña.

A xestión da Estación de Tratamento de Augas conxuntamente con Brión irá hoxe ao pleno ordinario de abril. Por outra banda esta semana o alcalde de Ames, Blas García, reuniuse cos de A Baña e Negreira para mancomunar un servizo de cancela.

ETAP Ames Brión

Ames e Brión asinaron un convenio de colaboración en xaneiro do 2019, despois de que a Xunta cedera o control da ETAP Ames Brión no 2016 e do período de posta en marcha da instalación. Este convenio regula que tanto por cen de xustos asume cada concello e ten unha duración de 4 anos.

En decembro pasado Augas de Galicia remitía un escrito ao concello de Ames no que informa que a competencia do subministro de auga potable a domicilio é unha competencia municipal. O concello de Ames non conta con esta concesión e a solicitude só pode facela unha mancomunidade, consorcio ou entidade semellante.

Como a xestión da ETAP corresponde a Ames e Brión o qe se leva a pleno e a creación dunha mancomunidade que poida solicitar a concesión referida.  Para iso haberá que crear unha Comisión de estudo que se encargue de elaborar o anteproxecto de estatutos e de tramitar o procedemento ata a constitución dos órganos de goberno.

Canceira e Protección civil

A ETAP compartida con Brión no é o único servizo que Ames quere mancomunar. O novo alcalde, Blas García, reuniuse cos de A Baña e Negreira para tratar, entre outros temas, a xestión conxunta dunha canceira e a colaboración entre as agrupacións de Protección Civil.

Manuel Ángel Leis, alcalde de Negreira, a esquerda e Blas García, alcalde de Ames, a dereita

Segundo explica Blas García a canceira  “é un asunto que nos preocupa aos tres Concellos polo que vamos a tratar de dárlle unha solución”. Para dotar da infraestrutura necesaria ao servizo vaise tratar de buscar a colaboración da Deputación da Coruña para dispor do financiamento necesario.

A colaboración entre as agrupacións de Protección Civil e caso de emerxencias parece outra cuestión de sentido común. Na actualidade A Baña non conta con este servizo pero é un dos que quere poñer en marcha.

Turismo

José Antonio Pereira, alcalde de A Baña, a esquerda e Blas García, alcalde de Ames, a dereita

O alcalde de Ames tamén abordou cos rexedores de Negreira e A Baña a posible posta en marcha de proxectos turísticos vinculados ao río Tambre. Este mesmo tema abordouno a semana pasada co alcalde de Brión, Pablo Lago. O obxectivo é facer unha proposta entre todos os concellos polos que discorre o río Tambre para desenvolver un proxecto de turismo ecosostible. “Coa pandemia comprobamos que á xente lle gusta este tipo de turismo próximo, tranquilo e de natureza”, destaca Blas García.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial