Ames aproba a creación dos Consellos sectoriais de educación e cultura

0

Ames, 1 de marzo do 2021 – O concello de Ames aprobou a creación de dous novos órganos consultivos, os Consellos de Cultura e Educación.

O Consello de Cultura foi aprobado por unanimidade da Corporación. O de Educación saíu adiante cos votos en contra do Partido Popular aducindo que pode provocar problemas de competencias.

Órganos de participación

O Consello Consultivo de Educación incluíu unha enmenda do voceiro de Ames Novo, Quique Costas, que outorga ao alcalde das competencias necesarias para que sexa creado nun prazo máximo de 30 días. O concelleiro de educación, David Santomil, explicou que este órgano constituirá unha ferramental útil para a cohesión do tecido educativo. O popular Javier Olmo argumentou o voto contrario dicindo que “tal e como estaba redactado o proxecto non tiña capacidade de execución” e podía xerar problemas de competencias con outros órganos.

Olmo tamén lembrou que a iniciativa procedía da oposición, incluído o PP, e que “non procede que a presente o concelleiro porque o procedemento di que a presente o alcalde ou os grupos da oposición”.

No caso do Consello Consultivo de Cultura non existiu debate sendo aprobado por unanimidade. A concelleira responsable, Natividad González indicaba que “o obxectivo é fomentar a cultura participativa a través dun foro de encontro e debate, onde se podan propoñer e asesorar medidas, participar en tomas de decisións e colaborar de forma activa”.

Outros temas

Aprobouse tamén por unanimidade a modificación  do proxecto técnico de acondicionamento e mellora da cuberta e das fachadas da EIM O Bosque e a adhesión o programa de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña.

A proposta do PP para instar ao Goberno de España a poñer en marcha medidas para rebaixar o prezo da luz foi rexeitada ao votaren en contra os concelleiros de Contigo Podemos, PSOE e Ames Novo.

A proposta do BNG sobe a transferencia da AP9 a Galicia aprobouse coa abstención do grupo Socialista.

O concelleiro de Ciudadanos, Ramon Oulego, presentou unha moción que instaba á Xunta a que fixese estudos co fin de instalar filtros HEPA nas aulas, que foi rexeitada cos votos en contra de PP, PSOE, BNG e Contigo Podemos e a abstención do concelleiro de Ames Novo.

A proposta presentada conxuntamente polo grupo de Goberno e o grupo Mixto a través da que se insta á Xunta de Galicia a dar cumprimento ao Plan Hidrolóxico Galicia Costa 2015-2021, e acometer, á máxima brevidade posible, as actuacións necesarias para a ampliación e mellora da depuradora de Sisalde, votouse ás 24:00 horas en punto, logo de que o alcalde de Ames, José Miñones, advertise aos concelleiros Ramón Argibay do Partido Popular e Blas García do PSOE sobre a falta de respecto que supuña que duplicasen o tempo permitido na exposición dos seus argumentos. A proposta saíu adiante cos votos a favor de toda a corporación, agás o PP que se abstivo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial