Ames aproba o saneamento e abastecemento de Buceleiras e Guimaráns

0

Ames, 12 de novembro do 2021 – A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou a contratación das obras de saneamento e abastecemento no lugar de Buceleiras e Guimaráns.

O proxecto para Buceleiras e Guimaráns adxudicarase por procedemento aberto simplificado abreviado e terá como único factor o prezo.  O importe das obras supera os 60.000 euros.

A intervención afectará a unha superficie de 750 metros e faranse 15 pozos de rexistro en beirarrúa e 7 en calzada. As obras realízanse con cargo a fondos propios do Ciclo Integral da Auga.

Para a execución do saneamento será necesario realizar dous cruces con topo na estrada DP-0205 Bertamiráns – A Ramallosa. A rede de saneamento (PVC Ø315 SN-4) abranguerá 750 metros.

Após de instalar a tubaxe, procederase ao recheo e compactación da gabia. O vertido desta rede realizarase nun pozo da rede xeral de saneamento. Igualmente procederase a instalación de 345 m de tubaxe para abastecementos PEØ90 mm 16 atm., previa execución da gabia e posterior recheo e compactación. Faranse 3 arquetas para aloxamento de chaves que inclúan válvula de comporta, ventosa, válvula de baleirado e tapón.

Unha vez instaladas as redes, procederase a reposición dos pavimentos nas zonas necesarias. Nos camiños de saburra, aplicarase estendido e compactado de 12 cm de saburra artificial No treito de regas recargarase con 15 centímetros de grava, máis rega semiprofunda na zona da gabia e bacheo, con 10 cm de grava máis rega semiprofunda na zona do firme non afectada polas obras. Despois aplicarase rega superficial e selado en toda a anchura da pista. Ademais, no cruce en aglomerado, faranse 20 centímetros de pavimento de formigón máis 7 centímetros de aglomerado en quente.

“Seguimos apostando de maneira clara por dotar de servizos básicos ao rural de Ames”, manifesta o alcalde de Ames, Blas García, que ademais engade que   “con este novo saneamento damos servizo a varias vivendas destes núcleos que até de agora carecían deste servizo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial