Ames aproba os orzamentos con críticas pola presión fiscal e preguntas sobre que pasará co IBI (Audios)

0

Ames, 12 de marzo do 2021 – Ames aprobou a pasada noite os orzamentos do presente exercicio con críticas da oposición pola alta presión fiscal do concello.

A oposición tamén preguntou nas distintas quendas pola situación legal do IBI tras a sentenza que anula o pleno celebrado no 2019. A única resposta conseguida do equipo de goberno foi que o departamento xurídico está estudando a sentenza antes de tomar ningunha decisión.

As intervencións iniciáronse coa de Genma Otero, concelleira de facenda, que se limitou a facer un repaso das distintas partidas e destacando o incremento dos orzamentos

A continuación José Ramón Oulego, de Ciudadanos, foi o primeiro en falar de prensión fiscal. Oulego insistiu en que non é un orzamento pensando para unha situación de pandemia

Quique Costas de Ames Novas explicou que desde o seu punto de vista non hai unha política fiscal clara, non está definida e cambia continuamente. Lembrou ademais que as propostas que presentaran para conseguir rebaixas fiscais foran bloqueadas e non chegaran nin  a ser debatidas

Ramón García criticou a falta de respostas sobre que sucederá co IBI e insistiu en que son uns orzamentos “ficticios” xa que salvo o capítulo de persoal e o de gastos correntes o resto é un “bluf”

Na segunda quenda de intervencións o debate seguiu nuns termos parecidos e ademais da presión fiscal saíu a problemática do IBI. José Ramón Oulego de Ciudadanos lembraba que cada día que pasa  son intereses que haberá que pagar

Quique Costas de Ames Novo engadiu que nos seis anos que levaban gobernando non se introducira ningunha medida destinada a que a presión fiscal fora máis xusta

Ramón García do PP aludía tamén ao informe de intervención para criticar que o nivel de execución medio era nos últimos seis anos do vinte cinco por cento

Genma Otero defendíase do argumento usado por Ramón García da baixa execución. A concelleira de facenda indicaba que a documentación que se presenta no pleno ten que recoller uns gastos e uns ingresos equilibrados.

A concelleira agradaba tamén a esta última intervención para dar unha única explicación sobre a sentenza que afecta ao IBI e foi que agradan polo informe xurídico

Os orzamentos foron finalmente aprobados cos votos a favor do equipo de goberno (Psoe, BNG e Unidas Podemos) e o voto en contra da oposición (Ciudadanos, Ames Novo e PP).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial