Ames busca a cesión da avenida da Peregrina

0

Ames, 7 de maio do 2021 – O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, coa cesión da Av. Peregrina e a depuradora de Sisalde como temas principais.

A conversa entre os representantes de Ames e a Xunta tratou tamén outros temas relacionados co Ciclo Integral da Auga. O saneamento para as parroquias de Piñeiro e Tapia e a ampliación do servizo da ETAP de Lens ao Milladoiro) foron tamén parte da conversa.

Blas García e Ethel Vázquez falaron tamén da posible cesión da avenida da Peregrina, as queixas da veciñanza sobre o funcionamento do transporte metropolitano e a reposición do servizo de transporte metropolitano de Ortoño, Bugallido e Biduído.

Os problemas de Sisalde

A ampliación da depuradora de Sisalde, que da servizo a Ames e Brión, dependerá dun resultado dun estudo que está desenvolvendo a Xunta. A incidencia dos vertidos de pluviais á rede de saneamento será analizado polas dúas institucións en conxunto para ver de que xeito se poden solucionar as deficiencias da infraestrutura.

Cesión da avenida da Peregrina

A cesión da avenida da Peregrina, ao igual que se fixo coa avenida da Maía, leva aparellado unha serie de melloras na vía antes de ser recepcionada polo concello de Ames. Blas García presentoulle á Conselleira un orzamento que Ethel Vázquez mostrouse disposta a analizar.

Transporte

Dende o Concello de Ames tamén se abordou coa Consellería o funcionamento do transporte metropolitano. Sobre este asunto acordouse que o Concello vaille dar traslado á Consellería das incidencias detectadas para que poidan ser analizadas por parte da Dirección Xeral de Mobilidade.

No eido da mobilidade tamén se falou sobre a reposición do servizo de transporte metropolitano para a veciñanza das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. Neste senso a Dirección Xeral de Mobilidade está avaliando a posible modificación da ruta correspondente á liña XG80722 de Extramundi a Santiago, que daría servizo aos veciños destas tres parroquias.

Ao mesmo tempo estase avanzando na elaboración do convenio que terían que asinar a Xunta de Galicia e os Concellos de Ames e Santiago para volver a prestar a liña P2 de Santiago, antigo bus de Ortoño, de xeito temporal, mentres non se remate coa modificación da liña XG80722 de Extramundi a Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial