Ames debate sobre o estado do concello

0

Ames, 6 de maio do 2021 – A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta tarde o pleno de debate sobre o estado do concello a partir das oito e media da tarde.

O último debate sobre o estado do concello en Ames tivo lugar no ano 2019 no Milladoiro. A de hoxe será a cuarta sesión plenaria de este tipo despois de que no 2020 se tivera que suspender pola crise sanitaria. O aforo da Casa da Cultura estará limitado a 75 persoas pero o pleno poderá seguirse pola canle de Youtube do concello.

Imaxe de arquivo da toma de posesión de Blas García como alcalde de Ames

Se da a circunstancia de que será o primeiro pleno sobre o estado do concello no que exerce como alcalde Blas García. A sesión chega nun momento con varias frontes abertas en Ames como a aprobación definitiva dos orzamentos ou as obrigadas modificacións sobre o contrato do lixo. A posibilidade de que a xestión da auga sexa municipal, tras a prórroga recentemente aprobada, é outra das cuestión que están sobre a mesa. A mobilidade cos proxectos da Edusi será sen duda outra das cuestións que xurdan na sesión.

O primeiro pleno do estado do Concello de Ames, celebrado en marzo de 2017, serviu para facer balance dos preto de dous anos que levaba naquel momento gobernando o tripartito formado por PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG. O segundo pleno do estado do municipio celebrouse en marzo de 2018 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ao ano seguinte, en 2019, o pleno de estado celebrouse outra vez no Milladoiro. A celebración do pleno de estado vaise alternando entre os dous núcleos urbanos de Ames.

O obxectivo de estes plenos e que á veciñanza poida asistir a un debate aberto sobre temas de importancia como a xestión e traballo que está realizando o Goberno municipal.  A realización do pleno do estado do Concello está recollido no regulamento de organización do Concello de Ames, no que se regula o formato e tempos de intervención deste tipo de plenos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial