Ames e Arcea Adames presenta o programa  “Movemento, consciencia e corporalidade”

0

Ames, 19 de outubro do 2021 –  A concellaría de Benestar Social de Ames, da man da asociación Arcea Adames, pon en marcha o proxecto “Movemento, consciencia e corporalidade”.

Con este proxecto once membros da Asociación Arcea Adames beneficiarse dunha sesión quincenal de ximnasia para mellorar o seu benestar cotiá. O proxecto “Movemento, consciencia e corporalidade” está subvencionado polo fondo social La Caixa.

O programa presentouse na sede da Asociación Arcea Adames. Ao acto asistiron a concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo; o presidente de Arcea Adames, Juan Satre; o director da oficina de La Caixa, Bertamiráns, Antonio González; Rosana Martínez, técnica de Promoción da Saúde do Concello de Ames; a directora do centro, Natalia Castro, e a educadora, Cristina Lamas. No acto de presentación trasladáronlle aos once participantes a nova de que conatrán co programa de “Movemento, consciencia e corporalidade”, anuncio ao que responderon cun forte aplauso.

O obxectivo é dotar ás persoas con discapacidade da autonomía suficiente para obter o seu máximo nivel de benestar. O programa emprega o método Corpo e Consciencia que consiste nunha ximnasia doce que respecta a fisioloxía, o límite persoal e todos os biorritmos da natureza.

Este método propón catro direccións de traballo. A primeira consiste en recobrar a consciencia corporal a través do coñecemento de si mesmo, a segunda trata de buscar a verticalidade e un bo axuste postural dunha forma fluída e natural, a terceira por liberar a rixidez retida no corpo para rematar cun traballo para adquirir ou reforzar a mobilidade, o equilibrio e a autonomía.

Os/as once participantes do progama van recibir unha sesión quincenal desta ximnasia doce entre os meses de outubro e xullo. Será os martes de 10 a 11 horas no local que Arcea Adames ten no Milladoiro.

O programa inclúe, tamén, unha saída terapéutica. Ao longo dunha xornada os/as participantes realizarán unha actividade terapéutica e cultural ao mesmo tempo que gozan dun almorzo grupal.

A asociación Arcea Adames

Desde o ano 2003, a asociación Arcea Adames traballa na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias, a gran maioría en risco de exclusión.

A asociación conta cun centro ocupacional no Milladoiro con 14 prazas. Este centro ten como obxectivo dar unha ocupación, promovendo o desenvolvemento persoal e social dos usuarios con discapacidade intelectual para potenciar ao máximo o desenvolvemento das súas capacidades e habilidades, tanto para a vida cotiá como para o traballo.

Ademais, funciona como un recurso permanente para aquelas persoas que non poden acceder a outro tipo de emprego. O obxectivo deste centro é lograr que os seus usuarios sexan o máis autónomos posibles a través de actividades orientadas ao autocoidado, saúde e seguridade, habilidades no fogar e sociais e de comunicación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial