Ames e Igaxes aposta por mellorar as relacións entre nenos e pais

0

Ames, 16 de setembro do 2021 – O concello de Ames ben de poñer en marcha un programa de Competencias familiares en colaboración con Igaxes que busca mellorar a relacións entre os menores de 7 a 12 anos e as súas familias.

O programa está impulsado desde a Concellaría de Benestar Social en colaboración con Igaxes. Durante 4 meses as familias participantes van traballar aspectos como a disciplina positiva ou a cohesión familiar. A gran vantaxe deste programa é que os resultados son medibles.

Á presentación asistiron a concelleira de Benestar, Luísa Feijóo Montero, o Director de Igaxes, Carlos Rosón, a Educadora Familiar, Soraya Añón, e o Coordinador da Ofincina do Voluntariado, Rubén Ramos.

“Competencias familiares” nace coa idea de que todos os nenos e nenas precisan medrar nun clima protector e alentador. Este programa busca dotar a pais, nais, fillos e fillas de distintas ferramentas para mellorar a súa relación. Estas ferramentas están enfocadas a incrementar as competencias parentais, mellorar as habilidades vitais, sociais e de conduta dos fillos e fillas e reducir ou previr o consumo de alcol e drogas.

Segundo a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, este programa supón unha nova e máis estreita colaboración con Igaxes “É unha sorte para nós poder contar co programa “Competencias familiares”. Un programa que trata de aproveitar as sinerxías e complementar o traballo que se fai dende os servizos de Educación familiar dos Concellos e dende os propios servizos de Orientación dos centros escolares co traballo que se desenvolve a través de Igaxes”.

Por outra banda, a Educadora Familiar, Soraya Añón, quixo agradecer a Igaxes a implantación deste programa no Concello de Ames “este programa vainos permitir traballar coa poboación de entre 7 e 11 anos para axudalos en varias áreas; tanto a nivel escolar coma nos propios fogares”.

O Director de Igaxes, Carlos Rosón, quixo agradecer a colaboración ao longo dos anos co Concello de Ames e, sobre todo, a aposta que se vén facendo nos últimos anos polo traballo preventivo. “O programa quere cambiar como se establecen as relacións entre as familias para iso vaise traballar a resiliencia, a capacidade para abordar conxuntamente os retos que se poidan producir, darlles ferramentas para traballar a organización familiar para construír espazos non conflitivos, espazos de ocio, lúdicos. O programa, tamén, está deseñado para traballar como reducir os conflitos entre pais e fillos, entre os propios fillos e a parella. Outra parte moi importante do programa é a de dotar aos pais e nais das habilidades axeitadas para motivar, aconsellar aos nenos e ás nenas e para acompañalos nos procesos educativos. E por último, para comprender as dinámicas e as problemáticas dos nenos a nivel escolar e en definitiva mellorar o comportamento dos rapaces”.

Segundo Carlos Rosón, o gran reto deste programa é que unha vez finalice vaise poder medir si se acadaron os obxectivos fixados “este programa baséase na evidencia, é dicir, vainos permitir medir o impacto da nosa intervención, algo que no ámbito dos servizos sociais non é moi habitual. Deste xeito imos poder medir se verdadeiramente se conseguiron eses cambios nas dinámicas familiares ou non”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial