Ames e Val do Dubra piden a reforma da estrada de Roxos a Portomouro

0

Bisbarra, 3 de maio do 2021 – O alcalde de Ames, Blas García, e o de Val do Dubra, José Manuel Varela, reclaman o arranxo da AC-543 que une Roxos e Portomouro.

Os rexedores mantiveron unha xuntanza na que tamén participou o primeiro tenente de alcalde de Val do Dubra, Óscar del Río. No transcurso da reunión falaron tamén de outros temas como o parque de bombeiros comarcal ou a promoción turística de rutas ao carón do río Tambre.

Unha estrada perigosa

O encontro co alcalde de  Val do Dubra formou parte da ronda de contactos que ven mantendo o de Ames, Blas García, con rexedores da contorna. Ambos os dñous coincidiron en reclamar da Xunta unha reforma integral da AC-453 co fin de mellorar a seguridade viaria.

Esta estrada ten varios tramos moi perigosos polo estreito da calzada.  Trátase ademais dunha vía que cun alto volume de tráfico e pola que circulan un gran número de vehículos de gran tonelaxe.

Comezo da estrada en Portodemouros

Parque comarcal de bombeiros

Outros dos asuntos tratados foi a necesidade de desbloquear a creación do parque comarcal de bombeiros. Ames e Val do Dubra son dous dos Concellos, xunto con Boqueixón, Brión, Teo e Vedra, que lle solicitaron no pasado mes de febreiro ao Consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña unha xuntanza na que tamén participen Xunta e Deputación.

Sobre este tema o alcalde de Ames, Blas García, que tamén é deputado provincial encargado dos servizos de emerxencias, dixo que “ambos alcaldes coincidimos na necesidade de darlle unha solución a este asunto. Todos os alcaldes dos Concellos implicados estamos de acordo, polo que agardamos que entre as diferentes institucións poidamos desbloquear este tema. Trátase dun servizo moi necesario para todos os concellos da comarca”.

Ruta de sendeirismo conxunta

Por último, trataron tamén sobre a posta en marcha de proxectos turísticos vinculados ao río Tambre. Deste xeito, falaron da posibilidade de realizar unha ruta de sendeirismo conxunta que discorra ao carón do río Tambre. Dita senda arrancaría no concello de Val do Dubra, pasaría polo concello da Baña, Ames e Brión. Este mesmo tema xa se tratou tamén na xuntanza mantida por Blas García co alcalde de Brión, Pablo Lago, para facer unha proposta de turismo ecosostible entre todos os concellos polos que discorre o río Tambre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial