Ames, 22 de febreiro do 2021 – O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ames impulsa un programa de vivendas baleiras destinado ás familias máis vulnerables.
O proxecto de Ames pora en comunicación aos propietarios cos inquilinos. A iniciativa forma parte do convenio de colaboración asinado entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, e a Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso á vivenda dende 2015.
Aproveitamento das vivendas baleiras
A existencia de vivendas desocupadas representa sempre un inconvinte, tanto por razóns de eficiencia económica coma por ser un factor de sustentabilidade medio ambiental e territorial. O programa de Vivendas Baleiras persigue promover o seu uso outorgándolle aos Concellos as garantías xurídicas e económicas necesarias, que son asumidas polo IGVS.
O convenio coa FEGAMP, xa mencionado, ven de renovarse e Ames é un dos concellos que se sumou a iniciativa. Como fin último poder destinar eses inmobles a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro.
Premendo na seguinte ligazón podense obter as bases reguladoras e impresos de solicitude para propietarios e para inquilinos. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto de xeito permanente ao longo do ano para facilitar a máxima participación.
Poderán incorporarase a este programa vivendas que reúnan as seguintes condicións: vivendas libres ou que non estean sometidas a limitacións para o seu alugueiro; que carezan de cargas; que estean desocupadas; que reúnan as condicións mínimas de habitabilidade; que dispoñan dos servizos básicos de auga, lixo, gas e/ou electricidade; e que dispoñan dunha cociña con electrodomésticos.
O prezo máximo de alugueiro establecido dentro deste programa é de 300 euros para unha vivenda tipo de 90 metros cadrados. A incorporación das vivendas farase por un período de 3 anos. O IGVS para cada unha das vivendas arrendadas o abeiro do citado programa, proporcionará un seguro multirisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos os danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento, e un seguro de garantía de cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto de xeito permanente para facilitar a máxima participación. As persoas titulares das vivendas e as inquilinas que teñan contratos de arrendamento no marco deste programa, poderán acollerse ás medidas de apoio e ás axudas públicas para o fomento do alugueiro establecidas polo IGVS e que estivesen vixentes durante a duración do contrato.