Ames leva a pleno o contrato de monitores dos plan Concilia para os vindeiros tres anos

0

Ames, 1 de setembro do 2021 – O pleno amesá de este xoves debaterá o expediente de contratación dos programas Concilia do concello cun investimento de máis de tres millóns de euros.

O contrato Concilia Ames divídese en tres lotes cunha duración de dous anos coa posibilidade de prorrogarse ata os catro. Os programas son o de “Comedores Escolares”,  para realizar actividades de lecer antes e/ou despois da comida. Un segundo lote denominado “Bos Días Cole”, encargado do almorzo dos cativos. E por último, un lote co servizo de monitores para as merendas denominado “Tardes Divertidas”.

Os servizos desenvólvense nos 5 centros escolares do concello (CEIP de Agro do Muíño, CEIP de A Maía, CEIP de Barouta, EEI de Milladoiro, CEP de Ventín) e nas escolas unitarias de Ortoño e Covas (EEI A Igrexa e EEI de Covas), que se incorporaron recentemente ao programa .

O Concilia Ames rematou en xullo do 2020. O concurso sairá por procedemento aberto con regulación harmonizada e tramitación anticipada.

Criterios de adxudicación

A adxudicación do contrato vaise realizar en base a criterios obxectivos, ata un máximo de 55 puntos, coma o prezo ou a formación dos profesionais. Para a valoración dos criterios subxectivos a empresa deberá presentar un Proxecto Pedagóxico onde se valorará a calidade do servizo que se pretende prestar e un cronograma que recolle, entre outros, a organización da recollida e entrega dos nenos, unha análise dos riscos ou cal vai ser o procedemento operativo e funcional durante a hora da comida, merendas ou almorzos. Os criterios subxectivos evaluaranse ata un máximo de 45 puntos.

Necesidade real

Ames é un concello cunha poboación moi nova. Dos 31.278 habitantes censados en 2018, o 46,09% ten menos de 40 anos polo que o Concilia Ames, postos en marcha polo Departamento de Educación, faise imprescindibles.

O número de usuarios dos servizos complementarios non fixo máis que aumentar nos últimos anos. Pasando dos 1.204 usuarios do curso 2018/2019 matriculados no servizo “Rede Municipal de Comedores” aos 1.366 do curso 2019/2020. Este aumento en 162 usuarios fai prever que no curso 2021/2022 o número de matriculados chegue aos 1.526.

A mesma tendencia á alza obsérvase no servizo de Bos Días Cole e no de Tardes Divertidas. No curso 2018/2019 foron 315 os alumnos matriculados no Bos Días Cole, pasando a 344 no curso 2019/2020 co que se prevé un ascenso en 29 alumnos ata acadar os 373 para o vindeiro curso 2021/2022.

No caso do servizo de Tardes Divertidas en 2018/2019 houbo 180 matriculados, un número que se incrementou ata os 212 en 2019/2020. Dito aumento fai prever que no curso 2021/2022 cheguen aos 243; 31 máis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial