Ames licita melloras nos accesos e interiores en Firmistáns, na parroquia de Bugallido

0

Ames, 17 de marzo do 2021 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar o expediente de licitación da mellora dos viarios de acceso e camiños interiores de Firmistáns, na parroquia de Bugallido.

Este proxecto, sufragado con cargo ao POS+ 2020, ten un orzamento base de 166.668,24 euros. Na mellora de Bugallido aplicarase aglomerado en quente nos viarios de acceso e para os camiños interiores formigón. Isto supón un maior custe dos materiais empregados, pero garante que ditos viarios e camiños queden en boas condicións durante un maior tempo.

Serán  5 treitos de 180 metros, 40 metros, 360 metros, 105 metros e 85 metros con anchos medios de 4 metros para os tres primeiros e 5 metros para os dous restantes. Ademais, actuarase en 80 metros cadrados de sobreanchos. Para melloras os viarios de Firmistáns proponse a capa de rodaxe coa extensión de 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Para os viarios interiores de Bugallido, de 465 metros cadrados e 655 metros cadrados, proponse a demolición do pavimento actual e a formación dun novo con 15 centímetros de formigón delimitado por adoquín de pedra granítica todo elo sobre 10 centímetros de zahorra. Tamén se contempla a execución de catro treitos de cuneta transitable en formigón (180 metros, 50 metros, 105 metros e 85 metros) baixo os que se canalizará tubo de PVC para a recollida de pluviais.

Esta rede de pluviais tamén se executará baixo os pavimentos de formigón con 270 metros do mesmo tubo e 44 metros de PVC para as conexión das baixantes. Dita rede completarase coa colocación de 27 sumidoiros e 11 metros de caz con reixa. Tamén se proxecta a limpeza previa de cunetas e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das marcas viarios nos accesos aglomerados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial