Demandan a vacina para os monitores dos comedores de Ames

0

Ames, 4 de maio do 2021 – Demandan da Xunta de Galicia que vacine ao persoal e monitores que traballan nos comedores de Ames xa que están incluídos na denominada “Estratexia de Vacinación fronte á COVID-19”.

Tanto o concello como a empresa adxudicataria do servizo remitiron xa a listaxe de traballadores sin recibir ata o momento resposta da Xunta de Galicia. A Rede de Comedores de Ames está formada por máis de 200 traballadoras e traballadores e presta servizo nos centros educativos de infantil e primaria de carácter público de Ames. Esta Rede desenvolve unha función esencial para a conciliación familiar xa que atende aproximadamente a 1200 nenos e nenas.

Imaxe de arquivo

Estratexia de Vacinación

Os traballadores lembran que na última actualización da “Estratexia de Vacinación fronte á COVID-19” considéra incluídos “o grupo formado por docentes e persoal de educación infantil e primaria, incluíndo tanto docentes como outros profesionais que atenden directamente ao alumnado de centros de ensinanza”.

O colectivo denuncia que coa fin de curso en menos de dous meses aínda non está aclarado se este sector vai ser vacinado ou non. Pola información que teñen, o problema parece deberse a unha mera cuestión burocrática.

O sindicato CIG-Servizos sinala que tamén remitiu unha comunicación á Xunta de Galicia e ao SERGAS sobre esta cuestión, pero denuncia que tampouco recibiu resposta algunha.

Maior risco de contaxio

O colectivo subliña que as monitoras e monitores da Rede de Comedores de Ames atenden aos nenos e nenas nos únicos momentos onde non levan posta a súa mascarilla no centro, xa que non a poñen para comer, polo que o risco de contaxio é aínda maior.

Consideran “vergoñento” que unha cuestión burocrática ou política “estea poñendo en risco a saúde de traballadoras e traballadores dun servizo que falicita a conciliación a máis de 1.000 familias e, polo tanto, tamén aos propios nenos e nenas do servizo así como á poboación xeral”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial