Ames terá unha nova concellaría que asumirá David Santomil

0

Ames, 29 de decembro do 2021 – O concello de Ames decidiu concentrar todo o relativo á Axenda 2030 nunha nova concellaría que asumirá David Santomil.

David Santomil

O alcalde, Blas García, asinou o pasado luns un decreto que modifica as concellarías e engade a de Axenda Urbana. Davi Santomil engadirá está área ás de educación, servizos educativos complementarios e patrimonio histórico que xa xestionaba.

Unha axenda cara a sostenibilidade

A Corporación municipal de Ames aprobou por unanimidade, no pleno ordinario de outubro de 2020, a adhesión á Rede de Entidades Locais para a implementación e desenvolvemento da Axenda 2030. O obxectivo deste proxecto é favorecer a coordinación de actuacións entre os Gobernos Locais para lograr o desenvolvemento sostible.

A nova concellaría crease co fin de coordinar os traballos relacionados con este proxecto estratéxico. O alcalde, Blas García, lembra que Santomil “é a persoa axeitada para xestionar a área de Axenda Urbana pola súa formación académica e de investigación, xa que é licenciado con grao en Xeografía e Doutor en Xeografía e Análise do Territorio, pola Universidade de Santiago de Compostela”.

O obxectivo é aglutinar dentro dunha mesma área todo o traballo relacionado coa Axenda 2030, que se creará durante os vindeiros anos. Búscase recoller dentro do documento final, actualmente na súa fase inicial, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e maila EDUSI Impulsa Ames.

David Santomil, destaca que “a Axenda Urbana de Ames vai ser o documento estratéxico cara o 2030 no que se integran todas as actuacións no territorio (PXOM, EDUSI, PMUS,…) e que vai ser fundamental para captar novos fondos europeos no futuro próximo. Todo un reto e un orgullo tamén, pois é unha área relacionada coa miña formación académica e de investigación. Agradezo a confianza depositada en min por parte dos compañeiros e compañeiras do grupo de goberno e, especialmente, do alcalde”.

Plan de Acción Local de Ames

No Plan Ames Progresa 2021-2023 inclúese unha cantidade orzamentaria de 100.000 euros. A razón débese a que a Axenda Urbana é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo na vindeira década para facer do concello de Ames un lugar de convivencia máis amable, ordenado e saudable. Este documento non normativo fixa inicialmente unha diagnose da situación e marca as liñas de actuación a desenvolver dun xeito máis equitativo e sostible.

Durante este mes de decembro iniciáronse os trámites para a contratación do servizo de consultoría e asistencia técnica, que se encargará de prestar as tarefas e o asesoramento na elaboración dos documentos precisos de acordo co marco estratéxico, a metodoloxía, directrices e criterios que recolle a Axenda Urbana Española, para poder culminar co Plan de Acción Local de Ames, dando resposta aos ODS incluídos na Axenda Urbana das Nacións Unidas, na Axenda Urbana Europea e na Axenda Urbana Española. A proposta metodolóxica deberá partir obrigatoriamente da elaboración do documento inicial de diagnóstico estratéxico, así como o asesoramento técnico para o análise das diferentes convocatorias para obter financiamento a través dos distintos fondos europeos aos que interesaría presentar candidatura.

Durante o primeiro semestre de 2022, e unha vez rematado o documento inicial de diagnóstico estratéxico, procederase á licitación para a elaboración do Plan de Acción Local do Concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies