Ames, 26 de xaneiro do 2022 – O Partido Popular de Ames denuncia que o concello terá que iniciar de novo a licitación a limpeza dos edificios municipais por errores na tramitación.
Os populares amienses lembran que no pleno de novembro no que se aprobou o Servizo de Limpeza pediron que “emendasen erros e recollesen especificamente en cada un dos lotes que o servizo de limpeza debería facerse diariamente”. A concelleira de facenda, Gemma Otero, respondeu que “no prego de prescricións técnicas que rexen a contratación xa se recolle, no apartado 7, as frecuencias e horarios dos servizos para os tres lotes e que especificamente ben como frecuencia diaria para os tres lotes a limpeza de aseos e vestiarios con concreción das tarefas a realizar diariamente”.
Agora, explica o PP de Ames, un grupo de empresas do concello “interpuxo un recurso especial ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia e que argumenta que os pregos contiñan criterios de adxudicación que impedían ter toda a documentación necesaria para presentar ofertas polo que se vulneraron os principios de libre concorrencia, transparencia e igualdade de trato”.
Os populares explican que o concello “non tivo máis remedio que aceptar o razoamento de estas empresas e desistir do expediente de licitación e inicialo de novo”. O contrato tiña unha duración prevista de tres anos, podéndose prorrogar anualmente, e un orzamento total de 3.641.310 euros.