займ срочно

Ames inicia hoxe luns a mellora da Casa da Cultura de Bertamiráns

0

Ames, 10 de xaneiro do 2022 – Hoxe comezan as obras de reforma da Casa da Cultura de Bertamiráns, que mellorarán o seu alumeado, renovarán pavimentos e falsos teitos no primeiro andar e engadirán novos espazos ao carón do auditorio.

A obra de Bertamiráns fora adxudicada no mes de agosto e ten un orzamento de novemta e seis mil euros procedentes do POS da Deputación. O novo espazo que se habilitará servirá para un almacén, unha zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia.

As reparacións incluirán unha importante mellora no alumeado interior do edificio, con cambios na iluminación do auditorio, nas balizas das escaleiras e no cadro de acendidos, coa instalación de proxectores LED de 13W e luminarias de luz suave de 58W.

Pola súa banda, no primeiro andar haberá novas luces LED de 60×60 centímetros, cambios que virán acompañados dun novo falso teito e de pavimentación cun novo vinilo. As escaleiras de acceso á planta tamén contarán cun novo pavimento a base de pezas de  gres porcelánico.

As obras engadirán novas áreas útiles ao carón do auditorio, cunha reorganización do espazo que permitirá a creación dun almacén, unha nova zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia, que contará cun cambiador para bebés.

Por último, pintaranse zonas do vestíbulo da planta baixa, do distribuidor da planta primeira e da zona das escaleiras. Ademais, substituiranse todas as portas interiores, que virán acompañadas dos rótulos correspondentes ao espazo ao que darán acceso.

A biblioteca atenderá a distancia e no centro do Milladoiro

Tanto a biblioteca municipal como a súa sala de estudo permanecerán pechadas dende o próximo luns 10 de xaneiro, xa que as obras afectan directamente ao seus accesos e ao seu funcionamento habitual. O seu persoal indica ás usuarias e usuarios que poden realizar as súas consultas, devolucións, renovacións e reservas na biblioteca do Milladoiro, ou ben a través do enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou do teléfono 981 530 807. Para facilitar as devolucións dos préstamos, a biblioteca habilitará un caixón onde poder depositar os exemplares retirados polos usuarios e usuarias.

A Aula CeMIT continúa coa súa oferta formativa en liña

A Aula CeMIT amesá tamén se verá afectada polas obras, polo que terá que pechar as súas portas, continuando a atención ás usuarias e usuarios por vía telefónica, no 682 373 753, ou a través do correo electrónico cemit.ames@xunta.gal. Non obstante, dende o luns 10 de xaneiro comeza unha serie de cinco cursos formativos a distancia dirixidos ás usuarias e usuarios adultos, que se realizan a través da súa canle de YouTube. Ata o 3 de febreiro terán lugar diferentes propostas, nas que se poderán aprender a mellorar habilidades como a mecanografía, empregar o DNI electrónico ou mesmo a crear contidos a través de webs, blogs ou mesmo plataformas de streaming. Toda a información sobre estes cursos pódese consultar seguindo esta ligazón.

O persoal dos departamentos de Medio Ambiente e Turismo teletraballará

Por último, os departamentos de Medio Ambiente e Turismo, así como a oficina da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente quedan igualmente afectados polas reformas nos accesos á primeira planta e nos seus corredores. Así, o seu persoal teletraballará dende o luns 10 ata o venres 28 de xaneiro, data provisional que variará se as obras seguen sen posibilitar o traballo nos respectivos espazos do primeiro andar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies