займ срочно

Ames reducirá a temporalidade de 118 prazas de emprego público

0

Ames, 24 de maio do 2022 – O concello de Ames aprobou en Xunta de Goberno Local unha oferta de emprego público extraordinaria.que ten como obxectivo reducir a temporalidade do persoal.

Esta oferta de emprego xorde da Lei aprobada en decembro pasado que obriga aos concellos a estabilizar a situación laboral dos funcionarios. No caso de Ames son 118 prazas das que 38 son de funcionarios e 80 de persoal laboral.

Con esta medida o concello de Ames únese a outros como A Baña, Boimorto, Brión, Negreira, Oroso ou Teo que remataron cos trámites previos. Agora a oferta terá que ser publica no Diario Oficial antes do vindeiro 1 de xuño.

Reducir a temporalidade do emprego

A Lei 20/2021, do 28 de decembro aprobada polo goberno central busca reducir a temporalidade no emprego público. Unha das vantaxes de estas convocatorias é que permiten estabilizar os postos de traballo superando se fora necesario a taxa de reposición imposta pola chamada lei Montoro.

A Lei ten como obxectivo que o número de persoal interino dos concellos non supere o oito por cen. Por un lado ábrese un concurso de méritos ao que se poden presentar os interinos que leven traballando desde o 2016. Farase a través dun sistema de libre concorrencia e poderase presentar calquera persoa coa titulación requirida achegando os seus méritos. No baremo de méritos prevalecerá a experiencia no posto.

Tamén, co fin de estabilizar prazas de carácter estrutural ocupadas de forma temporal sen interrupción nos tres últimos anos anteriores ao 31 de decembro de 2020, ábrese outro concurso oposición no que a experiencia terá unha valoración do 40%.

A oferta de emprego de Ames foi pactada co Comité de empresa e a Xunta de persoal. O concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “esta medida permitirá dar resposta á situación de temporalidade que afecta a unha parte do persoal do Concello, reafirmando a disposición do Goberno local a dar maior seguridade aos traballadores interinos, dentro dos marcos definidos pola lei. O seguinte paso para avanzar no proceso de estabilización será aprobar as bases e convocar os correspondentes procesos selectivos, para o que a Lei 20/2021 sinala como data límite o 31 de decembro de 2022, debendo quedar resoltos completamente os procesos selectivos antes do 31 de decembro de 2024”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies