Ames organiza o concurso de fotografía #SexualizArte

0

Ames, 18 de agosto do 2021 – A concellaría de Mocidade de Ames organiza a primeira edición do concurso de fotografía #SexualizArte dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos, e aberto ata o 30 de agosto.

As bases do concurso #SexualizArte poden consultarse na seguinte ligazon. Para inscribirse é preciso enviar unha ficha cuberta que se pode descargar desde o seguinte enlace.

O certame de fotografía busca as mellores fotografías relacionadas coas diferentes realidades e vivencias en torno á sexualidade, facendo fincapé na diversidade de corpos, identidades, orientacións, desexos, expresións, afectos e eróticas.

#SexualizArte forma parte dun amplo programa impulsado pola concellaría de Mocidade co que se pretende inculcar aos mozos e mozas de Ames unha sexualidade positiva e saudable [con]sentido.

As actividades continuarán o 18 de setembro cunha Xornada de Educación Sexual. Será na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas.

O programa [con]sentido prosegue no mes de outubro con cinco obradoiros. Serán o 9, o 23 e o 30 de outubro de mañá e tarde. Ao longo destas tres xornadas as mozas e os mozos participantes traballarán diversas accións coa pretensión de promocionar a igualdade e o libre exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos. Con estas accións abordaranse temáticas relacionadas co sexting, a educación menstrual e a elaboración de compresas de tea, os métodos anticonceptivos, e outros máis prácticos como a elaboración dunha vulva-puff, ou a construción de xoguetería erótica DIY.

O programa [con]sentido vaise clausurar o venres 26 de novembro cun videoforum co gallo do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Pódese consultar o programa completo premendo na seguinte ligazón.

Todas as actividades teñen prazas limitadas. Os interesados poderán inscribirse ou obter máis información dez días antes de cada actividade no correo electrónico  con.sentido@agasex.org.

Estes obradoiros enmárcanse dentro das liñas de actividades dos Orzamentos participativos 2020, que dotan cunha partida de gasto de 40.000 euros as actividades das áreas de muller, cultura, mocidade e medio ambiente votadas pola cidadanía amesá.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial