Ames terá que pagar 246.000 euros á Mancomunidade Serra do Barbanza

0

Ames, 13 de outubro do 2020 – O concello de Ames perde un recurso contra a Mancomunidade Serra do Barbanza e terá que aboarlle 246.945 euros.

O problema provén do 2014 cando Serra do Barbanza vese obrigada a pagar a FCC, con que tiña subcontratada a recollida de lixo e o tratamento de residuos, pola execución do servizo máis intereses. A Mancomunidade decidide dividir ese pago entre os concellos e a Ames corresponderíalle pagar eses máis de douscentos corenta mil euros. Ames oponse por non ser parte da mancomunidade e ter tan só contratado o servizo, unha discusión que acaba nos tribunais que agora, 6 anos despois danlle a razón a Serra do Barbanza.

Liorta política

O problema enfronta, nunha nova liorta, ao Partido Popular e ao equipo de goberno. O problema nace cando gobernaban os populares e continuou co actual equipo de goberno.

Os Populares critican que a sentenza non fora publicada no Portal de Transparencia do concello e aproveitan para dicir que “nos últimos tempos, o servizo de recollida de tratamento de residuos sólidos urbanos está funcionando de forma deficiente, un servizo que custa máis de un millón de euros ao ano e que o Goberno Socialista ten atascado desde que no ano 2015 vencera o convenio que agora se encontra en prórroga tácita”.

Pola súa banda o alcalde, José Miñones, explicaba a súa postura no Facebook e achacaba a sentenza á mala xestión do Partido Popular.  Miñones explica que “en Decembro de 2014 o goberno do PP comete o erro de aprobar por decreto unha reclamación xudicial que tiña que ser feita polo Pleno e a xustiza 6 anos despois resolve que hai que pagar 250.000€ por culpa desa acción”.

Ante a crítica por non colgar a sentenza no Portal de Transparencia o alcalde explica na súa publicación que “os procesos xudiciais cólganse no portal de transparencia ao remate de cada ano, como pode comprobarse no propio portal. Dicir que o portal de transparencia existe desde que este tripartito chegou ao Goberno e nin existía cando gobernaban os que agora claman ao ceo a falta de información”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial