Preocupación no empresariado do Milladoiro polo peche do Sabadell

0

Ames, 14 de outubro do 2021 – A reestruturación dos servizos bancarios de distintas entidades continúa máis alá do rural co peche do Banco Sabadell en lugares como Milladoiro ou Padrón.

Os empresarios do Milladoiro ven con preocupación este peche por ser o sabadell unha das entidades de máis arraigo en ese barrio do concello de Ames.

José Manuel Fernández, presidente do centro comercial aberto Palmira Bulevar, explica que como coñeceron a nova e lembra que foi a primeira entidade en abrir no Milladoiro

Fernández cifra o número de afectados directos en máis de 3000. Este xoves comezaran unha recollida de firmas entre os comerciantes aínda que son conscientes de que é unha decisión con poucas posibilidades de anularse

O Milladoiro é tamén, como sucede no rural, un lugar no que viven moita xente maior que ten dificultades coa banca electrónica. Este sector da poboación engade ademais a este problema o trastorno que supón cambiar de banco e adaptarse a novas condicións ou modos de traballo.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial