займ срочно

Novas prorrogas na xestión do lixo e o ciclo da auga de Ames

0

Ames, 30 de decembro do 2021 – O concello de Ames aprobou no pleno ordinario de decembro novas prórrogas na xestión do ciclo integral da auga e do lixo.

A sesión aprobou tamén a actualización do inventario municipal e a solicitude de axudas para unh área de autocaravanas en Bertamiráns. Outros dos temas validados foi o aumento do gasto destinado a horas extras, horas complementarias e gratificacións no orzamento de este ano.

Novas prórrogas na auga e no lixo

A prórroga da xestión do ciclo integral da auga á empresa Espina e Delfín foi un dos puntos que xerou máis debate. Desde hai tempo está sobre a mesa a municipalización do servizo e esta prórroga retrasa de novo a decisión. Espina xestiona o servizo desde o 2017 e este ano remataba a última das prórrogas posibles. Dado que desde o día 1 o servizo quedaría sen xestión o equipo de goberno acordou renovar a concensión ata decembro do 2022.

Partido Popular e Ciudadanos abstivéronse na votación e Ames Novo votou en contra. As principais críticas foron a falta de avances da comisión encargada de avaliar a viabilidade da municipalización, creada hai dous anos. Ames Novo lembrou ademais que a municipalización do servizo fora un acordo de investidura xa na lexislatura anterior.

Ademais, o Pleno aprobou por unanimidade a sétima prórroga, polo prazo de seis meses, do contrato asinado coa empresa Urbaser SA, que se encarga da limpeza viaria e do Punto Limpo do Concello de Ames. Dita prórroga comprendería dende o 15 de xaneiro de 2022 ata o 14 de xullo de 2022 e sería por un importe de 334.799,18 euros. Sobre este asunto o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explicou que “está previsto que no pleno do vindeiro mes de xaneiro se poida debater a adxudicación definitiva do expediente de licitación do servizo de limpeza viaria”. Deste xeito, a nova empresa adxudicataria disporá de case seis meses para comezar a prestar o servizo.

Inventario municipal

O pleno arpobou por unanimidade a actualización do inventario municipal. Desde 1997 ata o 2020, que se engadiu o coworking A Proa, non se fixera ningún cambio.

Nesta ocasión vanse incorporar 8 bens inmobles: a Casa da Cultura de Bertamiráns; o complexo deportivo de Bertamiráns; o centro deportivo municipal da Telleira; as oficinas da Policía Local; as oficinas de Urbanismo; a depuradora de Quintáns, na Ameixenda; a escola infantil municipal A Madalena; e maila escola infantil municipal O Bosque.

Os grupos da oposición mostráronse a favor de dita actualización do Inventario e animaron a á concelleira de Transparencia a que se siga traballando para continuar con dita actualización.

Creación dunha área de autocaravanas en Bertamiráns

Outro dos asuntos que se aprobaron por unanimidade foi a solicitude dunha subvención á Deputación provincial da Coruña para a creación dunha área de autocaravanas en Bertamiráns. Dita área disporía de 15 prazas para autocaravanas, unha delas adaptada para persoas con discapacidade, que estaría situada na zona das Pateiras, ao carón do campo da festa da Peregrina.

Gratificacións e horas extras

Na mesma sesión aprobouse por unanimidade o incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento 2021. Aprobados os Orzamentos de 2021 autorizouse unha cantidade máxima de gratificacións, horas complementarias e horas extraordinarias do persoal de 73.319,48 euros. No mes de xullo iniciouse un expediente de ampliación de crédito das partidas para adaptalas ás novas necesidades quedando unha cantidade total de 180.253,47 euros. Ante o remate do ano e visto que dita partida resultou insuficiente por mor de substitución de baixas, paternidades/maternidades, e necesidades de horas extras de prestación nos distintos servizos, aprobouse en Pleno un novo incremento da partida que acadará un total para o ano 2021 de 225.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies