Ames podería ter o parque central do Milladoiro a finais de mes

0

Ames, 12 de maio do 2021 – O concello de Ames avanza nas obras do novo parque central do Milladoiro que poderían rematar a finais de este mes de maio.

A nova zona verde do Milladoiro forma parte da estratexia EDUSI Impulsa Ames. Os traballos recibiron esta semana a visita do alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís. A apertura podería coincidir coa das piscinas o 15 de xuño.

Inversión en sostenibilidade

O novo parque do Milladoiro foi un dos eixes da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). Un proxecto que foi adxudicado por un importe de 130.706 euros. O alcalde explica que “as obras avanzan a bo ritmo e está previsto para final deste mes de maio. Está previsto que o parque á veciñanza se abra coincidindo coa apertura das piscinas descubertas do Milladoiro, prevista para o 15 de xuño”. Blas García  destaca que a través desta actuación acondicionaranse máis de 10.000 metros cadrados de zonas verdes no Milladoiro. O novo parque verde central do Milladoiro vai a dar continuidade a zona onde xa está instalada a zona deportiva e educativa do Milladoiro”.

Acondicionamento das zonas verdes do Milladoiro

A través deste proxecto estanse acondicionando o espazo que está xunto á zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. O obxectivo é gañar unha zona de esparexemento e paseo na parte alta do núcleo urbano con zonas de descanso, camiños e areas de xogo.

Nesta actuación, que abarca unha superficie de 12.000 metros cadrados de extensión, vaise reordenar o espazo para mellorar as zonas verdes do Milladoiro. A reforma creará novas sendas peonís; acondicionará os accesos ao parque segundo a normativa de accesibilidade e instalará un novo sistema de alumeado LED con 23 novas luminarias.

A zona contará tamén con 2 mesas de tenis de mesa; novo mobiliario urbano (8 bancos e mesas), 14 papeleiras e 2 fontes (unha delas accesible); e un novo sistema de drenaxe e rego automático. Tamén se plantará nova vexetación (35 carballos e 9 abeleiras) e plantaranse enredadeiras en 9.500 metros cadrados.

Ademais, acondicionarase e ordenarase o espazo verde da zona alta do Milladoiro que está conectado, a través dunhas escaleiras e unha rampla accesible, coa Travesía do Porto, que foi urbanizada no 2018 e na que se investiron 245.993 euros. Nesta mesma zona tamén se fixo unha rehabilitación das pistas polideportivas e da piscinas descubertas, construíuse un parque infantil accesible, instaláronse diferentes elementos biosaudables, e construíuse un anfiteatro e un parque de calistenia para á mocidade.

Senda peonil ata a zona baixa do Milladoiro

A intención do goberno municipal é potenciar este novo parque verde central do Milladoiro, xa que a zona urbanística cara onde ten que medrar de forma natural este núcleo de poboación. Deste xeito nunha segunda fase vanse a investir máis de 150.000 euros de fondos europeos FEDER, para realizar unha senda e zona de paseo na contorna das rúas do Rego e da Costa Grande, e por debaixo do viaduto da AP-9.

A concelleira Susana Señorís salientou “a importancia destas obras porque van a recuperar para o paseo e o deporte unha zona do Milladoiro que agora mesmo está moi pouco utilizada, e é necesario que o núcleo máis grande do concello conte con máis zonas de ocio e esparexemento”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial